Marija Birutė Alseikaitė ou Marija Gimbutienė (polo xeral coñecida como Marija Gimbutas), nada en Vilnius (Lituania) o 23 de xaneiro de 1921 e finada nos Ánxeles (California) o 2 de febreiro de 1994, foi unha arqueóloga e prehistoriadora estadounidense de orixe europea.

Infotaula de personaMarija Gimbutas

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(lt) Marija Gimbutienė Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Vilnius, Lituania Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPetrašiūnai Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLituania
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Vytautas Magnus (pt) Traducir
Universidade de Vilnius Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía e Estudos de xénero Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropóloga , profesora universitaria , historiadora , prehistoriador , arqueóloga , etnólogo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade Vytautas Magnus (pt) Traducir
Universidade Harvard
Universidade de California, Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua lituana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJurgis Gimbutas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisDanielius Alseika (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Veronika Alseikienė (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Marija Gimbutas naceu en Lituania, refuxiouse en Austria despois da segunda guerra mundial. Primeiro na súa cidade natal, Vilnius, e logo en Viena, estudou lingüística, e posteriormente arqueoloxía e as culturas indoeuropeas en Innsbruck (Austria) e, máis tarde en Tubinga, en Alemaña, onde obtivo o doutoramento en 1946.

Emigrada para os Estados Unidos, traballou durante doce anos na Universidade Harvard, na que foi nomeada en 1950 investigadora especialista en arqueoloxía da Europa Oriental. Profesora honoraria da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) en 1963, deixou unha obra dunha vintena de volumes, pouco coñecida entre o vulgo e si entre especialistas. Gimbutas adoptou a nacionalidade norteamericana.

Durante quince anos, Marija Gimbutas efectuou escavacións no sueste da Europa mediterránea, revelando ao mundo a existencia dunha civilización protoindoeuropea denominada «cultura prehistórica da deusa», existente desde o paleolítico, e que perduraría por máis de 25.000 anos. Marija Gimbutas preferiu denominar esta cultura matriarcal «matrilocal», dado que as escavacións mostran datos que non se corresponden co que xeralmente se chama «matriarcado», que máis ben designa unha hipotética xinecocracia.

Teoría da orixe dos indoeuropeos editar

Marija Gimbutas desenvolveu a teoría que identifica a cultura dos kurgáns, co hábitat orixinal dos indoeuropeos. Esta cultura do Mesolítico, situada entre o Volga e os ríos do Ural, distínguese pola domesticación temperá do cabalo. A mobilidade gañada así tería creado grupos de cabaleiros guerreiros, que terían levado a formas sociais denominadas «patriarcais». Entre 4500 a. C. e 3000 a. C., os indoeuropeos, este «pobo de xinetes», en varias ondas sucesivas, penetrarían na rexión do río Dniéper, no oeste de Ucraína e en Moldavia. Transformarían a cultura de tipo agrícola existente, estabelecéndose como aristocracia dirixente, impondo a súa lingua. Esta conquista de Europa pola cultura dos kurgáns estaría caracterizada arqueoloxicamente por unha cultura de cerámica engomada e máis unha cultura de vasos-funil.

Bibliografía de Gimbutas (selección) editar

  • Gimbutas, Marija 1946. Die Bestattung in Litauen in der vorgeschichtlichen Zeit. Tubinga: In Kommission bei J.C.B. Mohr.
  • Gimbutas, Marija: Ancient symbolism in Lithuanian folk art. Philadelphia: American Folklore Society , 1958. Memoirs of the American Folklore Society 49.
  • Gimbutas, Marija ,1961. "Notes on the chronology and expansion of the Pit-grave culture", in J. Bohm & S. J. De Laet (eds), L’Europe à la fin de 1’Age de la pierre: 193-200. Prague: Czechoslovak Academy of Sciences.
  • Gimbutas, Marija 1963. The Balts. Londres: Thames and Hudson, Ancient peoples and places 33.
  • Gimbutas, Marija 1965. Bronze Age cultures in Central and Eastern Europe. A Haia/Londres: Mouton.
  • Colin Renfrew, Marija Gimbutas e Ernestine S. Elster 1986. Excavations at Sitagroi, a prehistoric village in northeast Greece. Vol. 1. Os Ánxeles: Institute of Archaeology, University of California, 1986, Monumenta archaeologica 13.
  • Marija Gimbutienė 1985. Baltai priešistoriniais laikais : etnogenezė, materialinė kultūra ir mitologija. Vilnius: Mokslas.
  • Gimbutas, Marija 1974. The Goddesses and Gods of Old Europe
  • Marija Gimbutas (ed.) 1976. Neolithic Macedonia as reflected by excavation at Anza, southeast Yugoslavia. Los Angeles: Institute of Archaeology, University of California, 1976. Monumenta archaeologica 1.
  • Marija Gimbutas 1977. "The first wave of Eurasian steppe pastoralists into Copper Age Europe", Journal of Indo-European Studies 5: 277-338.
  • Marija Gimbutas 1980. "The Kurgan wave #2 (c.3400-3200 BC) into Europe and the following transformation of culture", Journal of Indo-European Studies 8: 273-315.
  • Marija Gimbutas 1989. The Language of the Goddess.
  • Marija Gimbutas, Shan Winn, Daniel Shimabuku, 1989. "Achilleion: a Neolithic settlement in Thessaly, Greece, 6400-5600 B.C." Los Angeles: Institute of Archaeology, University of California, Los Angeles. Monumenta archaeologica 14.
  • Marija Gimbutas 1991. The Civilization of the Goddess
  • Gimbutas, Marija 1992. Die Ethnogenese der europäischen Indogermanen. Innsbruck: Institut für Sprachwissenschaft der Universität Innsbruck, Innsbrucker Beiträge zur Sprachwissenschaft , Vorträge und kleinere Schriften 54.
  • Dexter, Miriam Robbins e Karlene Jones-Bley 1997 (eds), The Kurgan culture and the Indo-Europeanization of Europe. Selected articles from 1952 to 1993 by M. Gimbutas. Journal of Indo-European Studies monograph 18, Washington DC: Institute for the Study of Man.
  • Gimbutas, Marija, edición e engadidos de Miriam Robbins Dexter, 1999 The Living Goddesses. Berkeley/Los Angeles: University of California Press.
  • Dexter, Miriam Robbins e Edgar C. Polomé, eds. 1997, "Varia on the Indo-European Past: Papers in Memory of Marija Gimbutas." Journal of Indo-European Studies Monograph #19. Washington, D.C.: The Institute for the Study of Man.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar