Marie Taglioni, nada en Estocolmo (Suecia) o 23 de abril de 1804 e finada en Marsella (Francia) o 22 de abril de 1884, foi unha bailarina italo-sueca do ballet romántico e unha figura central na historia da danza en Europa.

Infotaula de personaMarie Taglioni

Litografía de Marie Taglioni de 1839.
Biografía
Nacemento23 de abril de 1804
Estocolmo
Suecia Suecia
Morte22 de abril de 1884 (79 anos)
Marsella
Francia
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 94 48°51′38″N 2°23′56″L / 48.860528, 2.398906
Grave of Taglioni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia/Suecia
Actividade
Campo de traballoCoreografía Editar o valor em Wikidata
OcupaciónBailarina
Período de actividade1822 Editar o valor em Wikidata - 1880 Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFilippo Taglioni e Jean-François Coulon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosElena Andreianova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaTaglioni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeConde Gelbeit de Voisins
ParellaAlexander Trubetskoy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFilippo Taglioni Editar o valor em Wikidata  e Sophie Karsten Editar o valor em Wikidata
IrmánsPaul Taglioni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAuguste Gilbert de Voisins (pt) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Taglioni-1 Find a Grave: 8284161 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Marie Taglioni naceu na cidade sueca de Estocolmo o 23 de abril de 1804, fixa de Filippo Taglioni e Sophie Karsten, que tiveron outro fillo, Paul, que chegou a ser tamén bailarín e coreógrafo e foi parella de Marie nalgunhas das súas representacións.[1] Seu pai foi un coñecido bailarín e coreógrafo, que no momento no que naceu Marie era bailarín e mestre na Kungliga Operan (Ópera Real de Estocolmo).[2]

Recibiu leccións de ballet do seu pai e debutou en Viena en 1822 nun ballet coreografado polo seu pai, La Reception d'une jeune nymphe a la tour de Terpsichore, no que a súa futura rival Fanny Elssler bailou no corpo de baile.[1]

En 1835 casou co Conde Gelbeit de Voisins, co que tivo dous fillos. Con todo, o seu home non vía con bos ollos as súas frecuentes viaxes e pediulle que deixase a súa carreira como bailarina, ao que Taglioni se negou, o que motivou o divorcio da parella logo de tres anos de matrimonio. A ruptura con de Voisins moveu a Marie a deixar a Opéra de Paris e trasladarse a San Petersburgo en 1837 logo de ter asinado un contrato co Ballet do Mariinsky.[1] Deste xeito, Taglioni chegou á capital do Imperio Ruso cos seus maiores logros como bailarina ás costas, tendo conquistado Europa, xerando un entusiasmo pouco habitual na sociedade rusa e aparecendo constantemente nas páxinas da prensa local.[3]

Logo de retirarse da danza, Marie Taglioni foi vivir ás beiras do lago Como (Italia), e na década de 1870 trasladouse a Londres, onde ensinou danza a nenos e mulleres da alta sociedade.[4]

A pesar da súa temperá fama, Marie Taglioni morreu na pobreza en Marsella aos 79 anos.[5] Cincuenta anos despois de morrer, o seu corpo foi trasladado a París. A pesar de que hai un sepulcro que leva o seu nome no cemiterio de Montmartre, onde bailaríns de todo o mundo lle renden tributo, en 2007 revelouse que a tumba non pertencía a ela senón á súa nai Sophia Taglioni, e que en realidade Marie está enterrada no cemiterio de Père-Lachaise, en París, baixo o nome de quen fora o seu exmarido, o Comte Gilbert de Des Voisins.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Alkis Raftis (ed.). "MARIE TAGLIONI (April 23, 1804 – April 24, 1884)" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  2. "The making of a dancer". Marie Taglioni (1804-1884): A life on toe tip (en inglés). Nederlands Muziek Instituut. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  3. "Marie Taglioni Charms Russia" (en inglés). History of Russian Ballet. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  4. "Romantic Ballet" (en inglés). Victoria and Albert Museum. Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  5. "Taglioni, Marie – (1804 – 1884)" (en inglés). abitofhistory.net. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  6. "El misterio de la tumba de Marie Taglione" (en castelán). danzaballet.com. 20 de marzo de 2007. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén editar