Mariano Guadalupe Vallejo

Mariano Guadalupe Vallejo Lugo, nado en Monterey o 4 de xullo de 1807, e finado en Sonoma o 18 de xaneiro de 1890, foi un político, militar e terratenente californiano. Naceu cando California era parte integrante do Vicerreinado de Nova España, chegou ó rango de comandante do exército mexicano e foi o baluarte da independencia de California respecto de México e da posterior anexión desta ós Estados Unidos de América.

Infotaula de personaMariano Guadalupe Vallejo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Mariano Guadalupe Vallejo Lugo Editar o valor em Wikidata
4 de xullo de 1807 Editar o valor em Wikidata
Monterey, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1890 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Sonoma, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of the State Senate of California (en) Traducir
Gobernador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
México
República da Califórnia (pt) Traducir
Imperio Español Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Sacramento Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFrancisca Benicia Carrillo Vallejo
FillosEpifania de Guadalupe Vallejo Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Vallejo-16 Find a Grave: 15309646 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Oitavo fillo dunha rica familia de crioulos españois estabelecidos en California, Mariano Vallejo era secretario persoal do Gobernador de California, Luís Argüello, cando en 1821 chégalle a noticia dos Tratados de Córdoba e a concesión da Independencia de México por parte de Fernando VII, acto que Vallejo viu como unha traizón. Vallejo iría ascendendo de rango militar e encabezando varios corpos que se rebelarían fronte ó novo Estado mexicano.

En 1832, co prestixio gañado nas súas fazañas militares, casou con Francisca Benicia Carrillo, filla dunha das familias máis ricas de San Diego. En 1833, Vallejo asumiu a comandancia do Presidio de San Francisco e en 1835 foi nomeado Comandante do Cuarto Distrito Militar e Director da Colonización da Fronteira Norte, o máis alto rango militar da California Norte.

Coa morte do Gobernador Figueroa en setembro de 1835, toma o seu lugar o impopular Nicolás Gutiérrez, o que provoca o levantamento de Juan Bautista Alvarado, sobriño de Mariano Vallejo. Alvarado tenta persuadir a Mariano Vallejo para que se unise á sublevación, pero este négase a participar nun primeiro momento. Coa entrada en Monterey do exército californiano sublevado dirixido por José Castro e dun corpo de estadounidenses encabezado por Isaac Graham, o Gobernador Gutiérrez entrégase o 5 de novembro de 1836 e Juan Alvarado proclámase Gobernador do Estado Libre de Alta California. O 7 de novembro Alvarado escribe a Vallejo para pedirlle que forme parte do Goberno de California. O 29 de novembro chega Vallejo a Monterey e é proclamado Comandante Xeral do Estado Libre de Alta California. O novo Goberno de California implantaría a Constitución liberal española de 1812 en contraposición ao Goberno mexicano e proclamaría a República de California.

 
Vallejo na súa mocidade. Fotografía de 1841 (trátase dunha das 10 fotografías máis antigas en Commons).

En 1842, o Goberno Federal mexicano, decatado do feito e temendo unha revolta independentista en California, empregando a forza militar derrocou a Alvarado e a Vallejo, substituíndoos por Manuel Micheltorena, dándolle poderes tanto civís como militares.

Na mañá do 14 de xuño de 1846, Mariano Vallejo foi feito prisioneiro, xunto co seu irmán Salvador e o seu cuñado Jacob Leese, tras encabezar o que se chamou a Rebelión da Bandeira do Oso, que tentou emular á xurdida en Texas dez anos antes, tras a que Texas conseguiu a súa independencia respecto de México.

Tras sufrir de malaria na súa estancia no presidio, foi posto en liberdade o 1 de agosto ó aceptar manterse neutral na Guerra de Intervención estadounidense ocorrida entre os Estados Unidos e México (1846-1848).

Trala derrota de México fronte ós Estados Unidos e a sinatura do Tratado de Guadalupe Hidalgo en 1848, Mariano Vallejo amosa a súa lealdade á Constitución dos Estados Unidos e persuade ós californios a facer o mesmo. Así, convértese no principal influente da Convención Constitucional do Estado de California e en 1850 é elixido Senador por California.

O 13 de abril de 1851, unha das súas fillas, Epifania "Fannie" Vallejo (1835-1905), casou co xeneral John B. Frisbie (1823-1909) quen pouco despois sería enviado a México polo goberno dos Estados Unidos para establecer boas relacións e dar recoñecemento o goberno de Porfirio Díaz. A familia Frisbie Vallejo estableceuse en México. Tiveron tres fillos e catro fillas, todos eles casaron e quedaron residindo en México.[1]

Ó longo da súa vida, Mariano Vallejo foi adquirindo unha gran cantidade de terras, converténdose no maior produtor vinícola de California, centrado sobre todo no Val de Napa, dando lugar así a uns dos máis afamados viños de California.

Tamén foi autor dunha extensa historia de California que titulou Recuerdos históricos y personales tocantes a la Alta California, 1769-1849 e que non chegou a publicarse, pero cuxo manuscrito se conserva no Arquivo do Estado de California.

Notas editar