Marian Suski
Marian Suski, nado en Kielce o 2 de novembro de 1905 e finado en Wrocław o 25 de decembro de 1993, foi un militar, enxeñeiro de comunicacións, profesor e tirador de esgrima polaco, gañador dunha medalla olímpica.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1905 ![]() Kielce, Polonia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 25 de decembro de 1993 ![]() Varsovia, Polonia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Polonia ![]() |
Educación | Warsaw University of Technology (en) ![]() ![]() |
Altura | 172 cm ![]() |
Peso | 65 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | oficial , esgrimista , científico ![]() |
Empregador | Wrocław University of Science and Technology (en) ![]() ![]() |
Profesores | Janusz Groszkowski (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua polaca ![]() |
Deporte | esgrima ![]() |
Participou en | |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 |
1932 | Xogos Olímpicos de 1932 ![]() |
Familia![]() | |
Familia | House of Suski (en) ![]() ![]() |
Fillos | Wojciech Suski (en) ![]() ![]() |
Premios
|
Traxectoria
editarEstudou na Academia de Cadetes de Modlin (1920-1924) e despois na Academia Militar de Enxeñería de Varsovia , promovido a subtenente en 1926 do corpo de oficiais de transmisións. Ascendido a tenente en 1928, tras graduarse serviu no Rexemento de Radiotelegrafía de Varsovia. En 1929-1930 estudou na École Supérieure d'Electricité de París. En 1932 serviu no Instituto Militar de Investigación Técnica e desde 1934 levou o rango de capitán. No curso 1937/1938 pediu a dispensa no exército para completar os seus estudos en enxeñería eléctrica na Universidade Politécnica de Varsovia e realizar a súa tese baixo dirección do profesor Janusz Groszkowski sobre a modulación UHF.
Durante a defensa de Polonia que deu inicio á segunda guerra mundial estivo ao mando das comunicacións no durante o Sitio de Varsovia, polo que foi condecorado coa Cruz ao Valor. Despois da capituación foi enviado a un campo de prisioneiros de guerra, primeiro en Polonia e despois en Alemaña, realizando entre os oficiais prisioneiros cursos básicos de radiotelecomunicación, logrando construír clandestinamente un aparello de radio. Tras a súa liberación polos aliados serviu como xefe do obradoiro de reparación de radio en Italia no 2º Corpo do exército polaco leal ao goberno no exilio. Despois da guerra estableceuse en Dzierżoniów traballando na Fábrica Nacional de Radios, chegando a ser por algún tempo o seu director. En 1947 comezou a dar clases en Wrocław como profesor asociado no departamento de física na Universidade e na Politécnica e ao ano seguinte no departamento de radiotecnoloxía da Facultade de Enxeñería Mecánica e desde 1951 no recentemente creado departamento de comunicacións e desde 1954 foi catedrático de telecomunicacións. Durante as protestas de marzo de 1968 participou canda outros compañeiros como Zbigniew Żyszkowski nas manifestacións dos estudantes. Recibiu a medalla Pro Ecclesia et Pontifice de Xoán Paulo II.
Carreira deportiva
editarNa década de 1930 foi un grandes tiradores polacos de espada e sabre. Participou nos Xogos Olímpicos de 1932 logrando a medalla de bronce en sabre por equipos, foi campión nacional de sabre en 1934 e espada 1938 e medallista de bronce nos Campionatos de Europa de 1934. Nos Xogos Olímpicos de 1936 estivo co equipo de sabre, quedando en cuarto lugar. Tras a guerra volveu á competición, logrando o campionato nacional en sabre en 1950 e foi xuíz internacional.
Bibliografía
editar- Polski Słownik Biograficzny ISBN 978-83-86301-01-0, t. XLVI/1, str. 63-66
- Pryzmat, nr 140