Mariñana foi unha revista aparecida en Sada entre 1925 e 1926.

Mariñana
PaísEspaña
LugarSada
Lingualingua castelá e lingua galega
Fundación1925
Na rede
Galiciana: 7274
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Revista quincenal ilustrada, apareceu en xaneiro de 1925. Constaba de 16 páxinas. O director e propietario era Eduardo García Ramos; Manuel Lorenzo Freire-Calvelo foi o redactor-xefe e o fotógrafo Francisco Varela Pose encargouse da parte gráfica. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Lugrís Freire, Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo e Máximo Navarro. Cesou logo de publicar 26 números, cun número extraordinario editado en febreiro de 1926.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar