Margarida de Antioquía


Margarida de Antioquía, máis coñecida como Santa Margarida, é unha santa cristiá, virxe e mártir, inscrita no grupo dos Santos auxiliadores. Foi asasinada pola súa fe baixo a persecución do emperador Diocleciano, reinante entre os anos 284 e o 305.

Modelo:BiografíaMargarida de Antioquía
Nome orixinal(grc) Μαρίνα Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 292 Editar o valor en Wikidata
Antioquía de Pisidia (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Mortec. 307 Editar o valor en Wikidata (14/15 anos)
Antioquía de Pisidia, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmemorialista Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa20 de xullo Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoDragón Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1969supresión do culto
Causado por: Concilio Vaticano Segundo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Margaret, St.
Dictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Margarida naceu en Antioquía, en Asia Menor (hoxe Turquía), filla dun sacerdote pagán, pero a través da súa ama de leite coñeceu a fe cristiá. Ao cumprir 12 anos, Margarida bautizouse. Cando o soubo o seu pai, renegou dela.

Un día, cando Margarida xa tiña 15 anos, estaba a coidar a unhas ovellas que pastoreaban. Pasou polo lugar o prefecto romano Olibrio, que quedou fascinado pola beleza da nova e propúxolle matrimonio. Margarida non ocultou que era cristiá. Entón, o gobernador entregounha ao coidado dunha nobre muller. Tiña a esperanza que esta ía convencer á moza a renegar de Cristo. Pero Margarida foi firme e negouse a ofrecer un sacrificio aos ídolos.

Encarcerada por non acceder aos requirimentos do prefecto, cóntase que conseguiu botar de si mesma un demo da súa gorxa por medio do signo da cruz; outra versión é que un demo se lle apareceu en forma de dragón e devorounha, pero ela posuía un crucifixo co cal esgazou a pel do dragón e saíu de alí. Entón sometérona ás máis terribles torturas: azoutárona con varillas, cortaron o seu corpo con tridentes, craváronlle cravos e foi lacerada cun gancho.

Sobrevivindo milagrosamente, segundo a lenda, dos pulsos de Margarida caeron as cadeas e sobre a súa cabeza empezou a irradiarse unha extraordinaria luz, dentro da que voaba virando unha pomba que sostiña no pico unha coroa de ouro.

O gobernador, finalmente, ordenou matala, así como a todos aqueles que crían en Cristo. Segundo a lenda, ese día foron decapitadas 15 000 persoas. Feotim, unha testemuña, relatou os martirios de Margarida.

As súas reliquias atopábanse en Constantinopla até a conquista da cidade polos cruzados en 1204. O brazo de Santa Margarida áchase no monte Athos no Mosteiro de Vatopediou.

 
Santos auxiliadores

Atributos

editar

O seu principal atributo é o dragón que leva atado ou que xace aos seus pés. Ás veces é representada gardando o seu rabaño, sostén unha cruz entre as mans e rosario de perlas.

Véxase tamén

editar