Margariña Valderrama

profesora e política galega

María del Carmen Valderrama Currás, coñecida como Margariña Valderrama, nada en Madrid en 1943, é unha profesora e política galega.[1]

Infotaula de personaMargariña Valderrama
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlfredo Conde

Dialnet: 2689027

Traxectoria editar

Cando tiña dez anos a familia trasladouse a Galicia. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, volveu a Madrid para estudar linguas semíticas e regresou de novo a Compostela onde se licenciou en Xeografía e Historia. Iniciou a súa actividade docente no Colexio La Inmaculada de Marín no curso 68-69. Posteriormente deu aulas no centro Salvador Moreno de Marín, de onde a botaron cando era PNN. Pasou despois ao IES Valle Inclán. Participou con Alfredo Conde na reunión de constitución do colectivo Voces Ceibes en 1968. En 1973 foi cofundadora, con outros oito socios (José Luis Llácer, Alfredo Conde, María Victoria Moreno, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas.[2][3]

No ámbito da política, militou no PSOE. Foi a primeira muller que formou parte da Executiva Nacional galega e tamén a primeira muller concelleira en Poio.[4] Aprobada a oposición, foi destinada á Xunqueira. Máis adiante foi profesora de Xeografía e Historia do IES Sánchez Cantón, onde se xubilou en 2014, despois de exercer como xefa de estudos e directora.[5] Durante un tempo exerceu como inspectora de educación en Pontevedra,[6] e participou en varias comisións para a reforma do ensino.

É coautora dun libro de texto de Historia do Mundo Contemporáneo,[7] e tamén colaborou na Revista Galega de Educación.[8]

Vida persoal editar

Estivo casada con Alfredo Conde, con quen tivo dúas fillas.[9]

Recoñecementos editar

  • Con motivo do Día da Muller, a Comisión Executiva Municipal da Agrupación Socialista de Pontevedra homenaxeouna en 2014.[10]
  • O 1 de decembro de 2018, o PSdeG-PSOE realizou un acto en Compostela en recoñecemento a aqueles militantes con máis de 40 anos de compromiso co socialismo, entre eles, Margariña Valderrama.[11]

Notas editar

  1. Margariña Valderrama: «Me cuesta, pero busco qué hacer después» (23/2/2014). La Voz de Galicia (en castelán).
  2. "«La Educación es mi religión, aprendí mucho de mis alumnos y les estoy muy agradecida»". La Voz de Galicia (en castelán). 17/5/2008. 
  3. Casalderrey, F.; Aleixandre, M. (2018). María Victoria Moreno: a muller que durmía pouco e soñaba moito. Merlín. Xerais. p. 13. ISBN 978-84-9121-311-6. 
  4. Poio, Redacción (2015-03-04). "Poio centra el Día de la Mujer en el ejemplo de sus vecinas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-17. 
  5. "IES Sánchez Cantón". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-08-17. 
  6. "Disposición del Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-08-17. 
  7. Castro, Xosé Ángel Armas; Villares, Ramón; Fernández-Casanova, Carmen; Alén, José Gómez; Cepeda, Encarna Otero; Vázquez, Concepción Otero; Losada, María Esther Rodríguez; Masiá, Ana Romero; Pedrosa, Elena Santillán (1989). Historia do mundo contemporáneo: textos escollidos. Ediciones SM. ISBN 978-84-7154-552-7. 
  8. Currás, Carmen Margariña Valderrama (2010). "A utopía da biblioteca escolar, camiño da realidade". Revista galega de educación (48): 58–59. ISSN 1132-8932. 
  9. La Voz de Galicia, 25-7-1985, p. 17.
  10. "Os socialistas pontevedreses homenaxearán a Margariña Valderrama". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-08-17. 
  11. "Acto de recoñecemento a catro décadas de compromiso da militancia Agrupación Socialista de Pontevedra". 2018-12-03. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar