Margarita Cameselle Álvarez,nada en Vigo en 1980, é unha regatista galega.

Infotaula de personaMarga Cameselle
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou en clase snipe, na que obtivo unha medalla de bronce nun campionato de España. Posteriormente pasouse á categoría match race, na que en maio de 2009 se proclamou en Valencia primeira campioa de España da categoría, ao patronear unha embarcación, a Tuypan Caixanova[1], conformada tamén por Sofía Basterra e Esperanza Barreras. En 2010 tentou revalidar o campionato, pero foi derrotada pola embarcación patroneada por Támara Echegoyen.

Ao ano seguinte, en 2011, cambiou de categoría e pasou á Platu 25, coa que capitaneou o barco de tripulación mixta Pastor-Porto de Vigo, do Monterreal Club de Iates de Baiona, na que figuraban Alberto García, Marcos Pérez, Rubén Martínez e Mikel Pasabant.

Notas editar