Match race é a denominación que recibe unha modalidade de carreira ou regata que enfronta unicamente a dous competidores: un gaña, o outro perde. Os dous deportes nos que máis se utiliza este tipo de enfrontamentos son a vela e a hípica.

Vela editar

A competición máis importante na que se emprega o sistema de match race é a Copa América de vela.

Nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 introduciuse por vez primeira esta modalidade na categoría feminina, usando iates Elliott 6m.

Outra competición importante de match race é o World Match Racing Tour.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar