Marciano (protector e tribuno)

Marciano (en latín: Marcianus) foi un funcionario do século III activo baixo os emperadores Galieno (reinado 253–268) e Claudio II (reinado 268–270).

Infotaula de personaMarciano
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Antoniniano representando a Galieno.

Marciano aparece por primeira vez nunha inscrición de Filipópolis en Tracia, na que se eloxia por salva-la cidade, quizais dun ataque gótico. Nese momento, posiblemente era un protector e tribuno pretoriano (protector et tribunus praetorianorum), pero quizais tivese unha carreira militar previa cuxos detalles son descoñecidos. Como dux, derrotou aos godos en Acaia no 267 e no 268 derrotounos en Iliria coa axuda do futuro emperador Claudio (reinado 268–270). Sábese que Marciano tamén era un vir perfectissimus (título outorgado a persoas da orde ecuestre, a partir do reinado de Marco Aurelio).[1]

Por esta época, Aureolo (reinado 268) rebelouse contra Galieno en Mediolanum en Italia. Galieno, que facía campaña contra os godos que atacaran os Balcáns, entregoulle o mando da campaña a Marciano e inmediatamente partiu cara a Italia co groso do seu exército de campaña.[2] Na Historia Augusta, implícase a Marciano na conspiración que causou a morte de Galieno, pero a súa participación non aparece noutras fontes. Tamén tivo un papel na pacificación das tropas de Galieno mediante o suborno.[3][4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar