Marcelino Fernández Prada

político socialista galego


Marcelino Fernández Prada, coñecido como O Poliño, nado en San Xulián (A Rúa) o 20 de setembro de 1895 e finado en Lugo o 8 de xuño de 1944, foi un político socialista galego.

Infotaula de personaMarcelino Fernández Prada

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1895 Editar o valor em Wikidata
San Xulián, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 1944 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribas de Sil
31 de maio de 1931 – 22 de xullo de 1936
← Leopoldo Rodríguez Rodríguez Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Industrial e mestre de obras. Chegou á Coruña en 1928 procedente de Nova York, permanecendo varios días detido. Estableceuse en San Clodio (Ribas de Sil) e foi elixido alcalde do concello o 12 de abril de 1931 ao proclamarse a Segunda República cargo no que permaneceu ata o 22 de xullo de 1936. Socialista convencido, fundou a Agrupación Socialista Agraria filial da UGT e foi o seu primeiro presidente. Representou á Agrupación Socialista de San Clodio no Congreso Extraordinario do PSOE de 1931. Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, e foi procesado por delito contra os medios de comunicación por medio de explosivos con Álvaro Novas Rodríguez e Eduardo Amador Corzo.[1] Foi detido na Rúa a mediados de outubro con Álvaro Novas Rodríguez, Miguel Álvarez Domínguez, Domingo Yáñez Losada e Modesto Álvarez Vázquez.[2] Estivo expatriado en Francia con Álvaro Novas Rodríguez, onde permaneceu ata pouco antes das eleccións de febreiro de 1936. Nestas eleccións foi candidato do PSOE por Lugo, pero non foi elixido. Foi recibido e homenaxeado en San Clodio de Ribas de Sil a finais de febreiro de 1936.[3] En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE por Lugo para a elección do Presidente da República.[4]

Fixo fronte ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Permaneceu agochado primeiro no monte e logo no seu domicilio ata que foi detido pola Garda Civil en 1939. Pasou polas cadeas de Ourense e Lugo, e foi condenado á pena de morte en consello de guerra celebrado o 31 de xullo de 1941. Foille conmutada a pena pola de trinta anos de reclusión perpetua, concedéndolle a liberdade condicional o 27 de xullo de 1943. A conmutación da pena foi posible grazas á mobilización da súa muller, María Arias González, quen se entrevistou con distintas autoridades e trasladouse a Madrid, entre outros lugares, para facer seguimento do sumario. Tamén foi xulgado por responsabilidades políticas en 1941,[5] aínda que o seu expediente foi sobresido por carecer de bens.

No cárcere de Lugo escribiu Mis memorias, dirixidas á súa familia, entre o 1 de agosto e o 20 de outubro de 1941, cando cría que sería executado. Alí refuta as acusacións dirixidas a el, "que considera mentiras instigadas polo cacique do pobo Leopoldo Rodríguez e dirixentes locais de Falanxe cos que estaba posto a mal desde tempos pasados. O seu testemuño é un documento importante que acredita a evolución da represión, moito máis cruenta ao principio (circunstancia da que todos eran conscientes), a forma de vida no cárcere, o enorme sufrimento dos represaliados aínda en momentos tardíos e de maior lenidad como o ano 1941."[6]

Trasladouse a Lugo, onde comezou novamente coa súa actividade industrial no sector da construción, falecendo nesta cidade o 8 de xuño de 1944, polos seus problemas de saúde, produto das condicións de vida no cárcere.


.

Predecesor:
Leopoldo Rodríguez Rodríguez
  
Alcalde de Ribas de Sil
 
1931 - 1936
Sucesor:
Jesús Rodríguez Zamuz

Notas editar

  1. BOE, 8-12-1934
  2. El Pueblo Gallego, 16-10-1934, p. 12.
  3. El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 23-5-1936, p. 14.
  5. BOP Lugo, 6-2-1942, p. 4.
  6. Souto Blanco.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar