Leopoldo Rodríguez Rodríguez

político español

Leopoldo Rodríguez Rodríguez, finado o 14 de agosto de 1950, foi un político galego.

Leopoldo Rodríguez Rodríguez
Falecemento14 de agosto de 1950
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na ditadura de Primo de Rivera militou na Unión Patriótica e foi nomeado alcalde de Ribas de Sil. Na Segunda República pertenceu a Derecha Liberal Republicana, ORGA e CEDA. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro, pero foi destituído polos informes do alcalde Jesús Rodríguez Zamuz en 1938, que o consideraban cacique e enfrontado co xefe local de FET y de las JONS Armando López Vila. A pesar diso foi nomeado alcalde a principios de 1939, aínda que deixou de selo o 23 de xuño dese ano. Morreu asasinado pola brigadilla da Garda civil de Ribas de Sil nun escuro episodio de "guerra sucia" o 14 de agosto de 1950.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Ribas de Sil
 
1927 - 1931
Sucesor:
Marcelino Fernández Prada
Predecesor:
Jesús Rodríguez Zamuz
  
Alcalde de Ribas de Sil
 
1939
Sucesor:
Manuel Rodríguez Zamuz

Vida persoal editar

Casou con Joaquina Quevedo Casanova.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar