As Marcas

(Redirección desde «Marcas»)

As Marcas[1][2] (en italiano: Marche) é unha rexión da Italia central de 1 536 098 habitantes, con capital en Ancona. Limita coa Emilia-Romaña, a República de San Marino, a Toscana, a Umbría, os Abruzos, o Lacio e o mar Adriático.

Ascoli Piceno (Marcas)

Características editar

Economía editar

A economía marquesana está constituída maiormente por unha florecente pequena e media industria altamente especializada e distribuída de xeito regulas por todo o seu territorio, aínda que concentrada sobre todo no litoral e nos vales. Entre os sectores máis relevante, cabe destacar a industria do calzado, en numerosos centros das provincias de Macerata, Fermo e Ascoli Piceno, a industria mobiliaria e mecánica en Pesaro, a mecánica e vitivinícola de Castelli di Jesi, patria do viño Verdicchio, a grande industria naval de Fano e Ancona, electrodomésticos en Fabriano e a turística, cada vez máis importante debido á proliferación de centros balnearios e artísticos por toda a rexión, que atraen visitantes de toda Italia e Europa.

Subdivisión administrativa editar

 
As provincias das Marcas

As Marcas están divididan en cinco provincias:

Provincia Concellos
Ancona 49
Ascoli Piceno 33
Fermo 40
Macerata 57
Pesaro e Urbino 67

Notas editar

  1. Ver entrada de «Urbino». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 2116. ISBN 9788482893600. 
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.