Marc Caballé
Marc Caballé Naranjo, nado o 22 de xuño de 1991 en L'Hospitalet (Barcelona), é un futbolista profesional catalán da canteira do RCD Espanyol, que xoga como mediocentrodefensivo ou central zurdo na UE Cornellà da Segunda División B cedido polo club barcelonés.
Marc Caballé | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Marc Caballé Naranjo | ||
Nacemento | 22 de xuño de 1991 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | L'Hospitalet de Llobregat | ||
Altura | 1,85 m | ||
Posición | Mediocentro defensivo | ||
Información de club | |||
Club actual | CD Lugo | ||
Número | 12 | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010 | Espanyol B | 1 | (0) |
2010–2012 | Atlético Madrid C | 54 | (3) |
2012–2013 | Málaga B | 17 | (0) |
2013–2015 | Espanyol B | 34 | (2) |
2015– | Espanyol | 0 | (0) |
2015–2016 | → Lugo (ced.) | 2 | (0) |
2016 | → Cornellà (ced.) | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 17 de xaneiro de 2016[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNado en L'Hospitalet de Llobregat, Barcelona, Caballé formouse nas categorías inferiores do RCD Espanyol, chegando a debutar como sénior co equipo filial na temporada 2009–10 en Segunda División B. No verán de 2010 asina co Atlético de Madrid, sendo asignado ao equipo C da Terceira División. O 14 de xullo de 2012, tras dous anos no filial madrileño, asina co Atlético Malagueño, filial do Málaga CF, tamén da Terceira División.[1]
O 12 de xullo do ano seguinte, despois de aparecer moderadamente, volta ao Espanyol e ao seu filial.[2] En xullo Caballé sofre unha seria lesión no nocello, permanecendo sen xogar durante sete meses,[3] mais sendo renovado o seu contrato até 2018.[4] Foi definitivamente promocionado ao primeiro equipo da Primeira División o 3 de xuño do ano seguinte.[5] Posteriormente, o 31 de xuño, anúnciase a súa cesión por un ano ao Club Deportivo Lugo.[6]
Clubs
editarClub | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
RCD Espanyol B | Segunda B | 2009–2010 | 1 | 0 |
Atlético de Madrid C | Terceira | 2010–2011 | 32 | 3 |
Atlético de Madrid C | Terceira | 2011–2012 | 22 | 0 |
Atlético Malagueño | Terceira | 2012–2013 | 17 | 0 |
RCD Espanyol B | Segunda B | 2013–2014 | 26 | 2 |
RCD Espanyol B | Segunda B | 2014–2015 | 8 | 0 |
CD Lugo | Segunda | 2015–2016 | 2 | 0 |
UE Cornellà | Segunda B | 2016 |
Notas
editar- ↑ "Atlético Malagueño sign four new players". Málaga's official website (en inglés). 14 de xullo de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ "Dues cares noves per l'Espanyol B". RCDEspanyol.com (en catalán). 12 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ "Marc Caballé, operat amb èxit". RCDESpanyol.com (en catalán). 11 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ "Marc Caballé 2018". RCDESpanyol.com (en catalán). 31 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ "Raillo, Joan Jordan y Caballé, a Primera". Marca (en castelán). 3 de xuño de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ "El Lugo cierra la plantilla con Vega y Caballé". Marca (en castelán). 31 de agosto de 2015.