Mar de Marín

buque arrastreiro galego

O Mar de Marín foi un barco arrastreiro galego que afundiu entre as Illas Cíes e Monteferro o 1 de abril de 2014.

O buque editar

O Mar de Marín era un buque arrastreiro, propiedade da armadora Pesca Loira, e que tiña a súa base no Porto de Marín. Tiña 34 metros de eslora e 8 de manga[1], e desprazaba 185 toneladas. Fora construído en 1989 en Marín[2].

O accidente editar

Na noite do 31 de marzo ao 1 de abril, o buque deixou o porto de Marín, e dirixiuse ao porto de Vigo. Desde alí saíu en dirección oeste, cara á saída da ría de Vigo. Sobre as 2:45 horas desa noite do 1 de abril de 2014, cando se atopaba nas proximidades das illas Cíes, o Mar de Marín fixo unha viraxe a babor[3] e bateu contra o buque mercante Baltic Breeze, con bandeira de Singapur[4]. O cargueiro singapuriano, de case 30 000 toneladas e 164 metros de eslora, dirixíase a Vigo cargado de automóbiles, logo de deixar o porto alxeriano de Djen-Djen. Os barcos bateron na Canle Sur, entre as Cíes e Monteferro, ao suroeste da illa Boeiro, onde afundiu o Mar de Marín (a uns 57 m de profundidade).

No accidente faleceron tres mariñeiros, e dous quedaron desaparecidos. Ademais sobreviviron cinco mariñeiros.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar