Abrir o menú principal

María Teresa Alvajar

política e escritora galega
(Redirixido desde "María Teresa Alvajar López")

María Teresa Alvajar López, nada na Coruña en 1922 e finada en Madrid o 9 de xaneiro de 2016[1], foi unha política e escritora galega.

María Teresa Alvajar
Nacemento1922
 A Coruña
Falecemento9 de xaneiro de 2016
 Madrid
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jean, era irmá de Ana María Alvajar L. Jean, Amparo Alvajar e Javier Alvajar López. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi encarcerada con 17 anos na prisión da Coruña acusada de dirixir checas e o Servicio de Investigación Militar republicano. No cárcere coincidiu con Esther Casares, filla de Casares Quiroga. Exiliouse en Francia cos seus pais. Deixou testemuño da súa traxedia persoal e familiar no libro Memorias dunha republicana (Laiovento) editado por Aurora Marco.

HomenaxesEditar

En 2009 foi nomeada Republicana do ano pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

NotasEditar

Véxase taménEditar