María Bouzas Pérez

mestra galega

María Bouzas Pérez, nada en Allariz o 28 de maio de 1908, foi unha mestra galega.

Infotaula de personaMaría Bouzas Pérez
Biografía
Nacemento28 de maio de 1908 Editar o valor em Wikidata (115 anos)
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntonio Fernández Carnicero Editar o valor em Wikidata
IrmánsPilar Bouzas Pérez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do médico Antonio Bouzas Alonso. Mestra como súa irmá Pilar Bouzas Pérez. Casou co médico Antonio Fernández Carnicero en 1926. Foi membro do Partido Comunista. Era mestra en Ponte Maior en 1936 e pertencía á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO).

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesada e destituída como mestra a principios de agosto por ser unha das dirixentes da ATEO.[1] Pasou a Francia. En decembro de 1938 exiliouse a México cos seus dous fillos para reunirse co seu marido, procedente dun campo de refuxio francés. Logo da morte de Franco, regresou a España coa familia.

Vida persoal editar

Casou en 1926 con Antonio Fernández Carnicero e foi nai de Antonio e Roberto Fernández Bouzas.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar