Abrir o menú principal

Antonio Fernández Carnicero

médico e político galego

Antonio Fernández Carnicero, nado en Baños de Molgas o 7 de xullo de 1904 e finado en México en 1997, foi un médico e político galego.

Antonio Fernández Carnicero
Nacemento7 de xullo de 1904
 Baños de Molgas
Falecemento1997
 México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de Antonio Fernández Ramos, médico de Baños de Molgas e Carmen Carnicero. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1925. Neses anos iniciou a súa militancia no Partido Comunista. Casou coa mestra María Bouzas Pérez en 1926. Exerceu como médico en Baños de Molgas e en 1928 solicitou colexiarse en Ourense. Trasladouse á capital para ser médico xeneral e en 1930 firmou contrato como médico da compañía ferroviaria Vías y Construcciones. Tiña a súa consulta enfronte da Estación de Ourense e os luns consultaba gratis ás familias pobres. Activo militante do Partido Comunista participou na edición de El Soviet xunto con Luís Soto e Juan Nóvoa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi buscado polos falanxistas, a súa consulta e domicilio foron arrasados, pero conseguiu pasar a Portugal por Tourém e chegar a Chaves coa axuda de varios curas e familiares. En Chaves foi detido polas autoridades portuguesas pero grazas á axuda de amigos e pacientes ourensáns conseguiu eludir a súa repatriación e partir inmediatamente cara a Lisboa. Tras pasar por un campo de concentración en Francia exiliouse en México en xaneiro de 1937, onde se estableceu como médico. Conseguiu levar a México á súa muller e os dous fillos, que lograron salvarse da represión dos falanxistas.

En México e en compañía de Luís Soto, proseguiu o activismo político vinculado ao Grupo Gallego de la UGT en México (cuxo máximo representante era Luís Soto) e contribuíu a formar a Comisión Gallega de Ayuda a la Junta Suprema de Unión Nacional en 1944, sendo responsable de propaganda da mesma. Participou no financiamento do primeiro número de Vieiros e colaborou economicamente co Partido Comunista e coas iniciativas galeguistas en México. Regresou a España logo da morte de Franco, en agosto de 1978, coa súa esposa e acompañados do agregado cultural de Cuba en México.

O seu fillo maior, Antonio Fernández Bouzas, tamén médico, exerceu como investigador na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Un dos seus netos, Antonio Armonía, é un guionista do cine mexicano, e prepara un proxecto (Mi padre) centrado na historia da súa familia.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar