Pilar Bouzas Pérez

mestra galega

María Pilar Bouzas Pérez, nada en Allariz e finada no mesmo concello en 2005, foi unha mestra galega.

Infotaula de personaPilar Bouzas Pérez
Biografía
NacementoAllariz, España Editar o valor em Wikidata
Morte2005 Editar o valor em Wikidata
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMaría Bouzas Pérez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do médico Antonio Bouzas Alonso e irmá de María Bouzas Pérez. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, aprobou as oposicións en 1934,[1] e foi mestra de Casnadagaia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa irmá María tivo que marchar ao exilio e outros dous irmáns morreron na guerra. Depurada como mestra en 1943 foi condenada ao exilio na escola de Fuen del Cepo (Teruel).[2] Retornada á súa escola de Allariz dedicouse ao fomento da lectura, a promoción da poesía e a organización de tarefas para os rapaces. En 1966 gañou o Concurso de divulgación social na escola primaria.[3] Foi concelleira de Allariz en 1974.[4][5]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 5-10-1934, p. 7.
  2. El Pueblo Gallego, 22-9-1943, p. 2
  3. La Región, 24-5-1966, p. 6.
  4. El Pueblo Gallego, 15-2-1974, p. 15.
  5. "Allariz homenaxea a Pilar Bouzas, mestra e a primeira muller que foi concelleira", La Voz de Galicia, Ourense, 13-3-2009, p. 14.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar