Manuscrito Hendregadredd

O Manuscrito Hendregadredd (en galés: Llawysgrif Hendregadredd), é un manuscrito galés medieval que contén unha escolma da poesía dos Poetas dos Príncipes.

Historia do manuscrito editar

Escribírono no período que vai entre o 1282 e o 1350. Tras desaparecer a principios do século XIX, o manuscrito foi atopado sorpresivamente en 1910 nun baúl dunha habitación sen uso da mansión de Hendregadredd preto de Porthmadoc: dentro había unha nota, escrita polo Arquidiácono de Meirionnydd Richard Newcome (1779-1857), que dicía

Tiven na miña posesión este manuscrito galés durante moito tempo pero esquecín onde ou como o obtiven.[1]

Agora forma parte da colección da Biblioteca Nacional de Gales onde se coñece coa sinatura NLW MS 6680B.

Contido editar

O manuscrito é o testemuño máis antigo das obras dos Gogynfeirdd, os poetas cortesáns galeses que estiveron en activo desde principios do século XII ata o século XIV. Ten especial valor pois a outra fonte da súa obra era o Libro Vermello de Hergest. O manuscrito Hendregadredd escribiuse probabelmente na abadía cisterciense de Strata Florida en Ceredigion. A obra empeza pouco despois de 1282 - primeiro por un escriba principal, quizais o arquitecto orixinal do volume - pero sobre corenta mans apareceron en dous estratos posteriores de actividade escrituraria, que traballaron ata ben entrado o século XIV. Sobre 1330 engadíronse un número de poemas de poetas contemporáneos, incluíndo un poema posibelmente da man do mesmo Dafydd ap Gwilym, o poeta máis famoso do momento.[2] Tiña unha relación estreita con Strata Florida e existe a tradición de que foi enterrado alí.

Partes do Manuscrito Hendregadredd foron copiadas en 1617 polo estudoso John Davies (Mallwyd).[1] Copias antigas de seccións do manuscrito amosan que certas partes do orixinal se perderon desde aquela. No século XVII o manuscrito pertencía ao anticuario Robert Vaughan como parte da súa gran biblioteca de Hengwrt, pero posteriormente separouse do resto da súa colección.

Lista dos poetas cuxa obra aparece no manuscrito editar

Primeira man editar

Engadidos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Breeze, R. Medieval Welsh literature, Four Courts, 1997, p.30
  2. The Hendregadredd Manuscript, National Library of Wales

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar