Elidir Sais
Elidir Sais, nado contra 1190 e finado contra 1240, foi un poeta cortesán galés que proviña de Anglesey.
Elidir Sais | |
---|---|
Nacemento | 1190 |
Falecemento | 1240 |
Ocupación | poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
O seu alcume de Sais ("inglés" en galés) suxire que daba feito a falar en inglés, cousa tan infrecuente na época que lle valeu o seu sobrenome. Isto pode indicar que foi obrigado a pasar algún tempo exiliado en Inglaterra.[1]
As poucas obras súas que sobreviven son na súa maioría poesías relixiosas sobre a Santísima Trindade, elexías na morte de varios príncipes galeses e un poema no que se queixa da agresiva política de Llywelyn ab Iorwerth, rei de Gwynedd, á que el se opuña.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- J.E. Caerwyn Williams (ed.), Gwaith Meilyr Brydydd a'i ddisgynyddion (Cardiff, 1994). Inclúe a edición dos textos.
- Henry Lewis (ed.), Hen Gerddi Crefyddol (Cardiff, 1974).