Libro Vermello de Hergest
O Libro Vermello de Hergest (en galés Llyfr Coch Hergest) é un longo manuscrito escrito pouco despois de 1382, que se sitúa como un dos máis importantes manuscritos medievais escritos en lingua galesa. Contén unha colección de prosa e poesía galesas, en especial os contos dos Mabinogion, e poesía dos Gogynfeirdd. O manuscrito deriva o seu nome doa cor da súa encadernación de coiro e da súa asociación con Hergest Court entre finais do século XV e principios do XVII.
Libro Vermello de Hergest | |
---|---|
Título orixinal | Brut y tywysogyon : or The chronicle of the princes : Red Book of Hergest version |
Autor/a | varios autores |
Lingua | lingua galesa |
[ editar datos en Wikidata ] |
Compilación
editarO manuscrito foi escrito entre aproximadamente o 1382 e 1410. Un dos distintos copistas responsábeis do manuscrito foi identificado como Hywel Fychan fab Hywel Goch de Buellt. Sábese que traballou para Hopcyn ap Tomas ab Einion (c. 1330 - despois de 1403) de Ynysforgan, Swansea, e é posíbel que o manuscrito se compilase para Hopcyn.
Segundo o estudoso Daniel Huws, é "de lonxe libro medieval en galés de máis peso, o máis amplo nas súas dimensións [...] e o máis groso".[1]
Historia
editarSemella que o manuscrito permaneceu nas mans da familia de Hopcyn ata finais do século XV, cando o neto de Hopcyn, Hopcyn ap Rhys, foi considerado cómplice da rebelión contra o rei Eduardo IV e consecuentemente perdeu gran parte das súas propiedades. Obtivérono os Vaughans de Tretower (Tretŵr), daquela en Breconshire, probabelmente en 1465 ao recibiren as posesións de Hopcyn.[2] Esta propiedade vén suxerida por dúas odas (awdlau) dedicadas a Sir Thomas Vaughan (m. 1483) e os seus fillos, que foron escritas no manuscrito polo poeta galés Lewys Glyn Cothi en Tretower.[3] O Libro Vermello logo pasou ao poder dos Vaughans de Hergest Court, preto de Kington nas Welsh Marches. Sir John Price de Brecon menciona que viu o manuscrito en 1550, presumibelmente en Hergest.[3] A finais da década de 1560, William Salesbury atopou o manuscrito en poder de Sir Henry Sidney en Ludlow, cando Siancyn Gwyn de Llandiloes o recibiu prestado daquel.[2]
A principios do século XVII, o Libro Vermello pasara aos Mansels de Margam, de aquí de novo a Glamorgan. Quizais foi levado a causa da voda entre a neta de Henry, Catherine Sidney, e Sir Lewis Mansel, de que se sabe que o posuía en 1634.[2] Posteriormente o manuscrito áchase na colección de Thomas Wilkins (m. 1699), un clérigo e anticuario galés, quen se cadra o levou prestado dos Mansels e nunca o devolveu. En 1697, Wilkins recibiu a visita de Edward Lhuyd, quen pasou algún tempo a copiar un manuscrito que ben podía ter sido o Libro Vermello. En 1701, dous anos despois da morte de Wilkin, o seu fillo Thomas Wilkins o Novo doou o manuscrito ao Jesus College, Oxford.[2] Evidencia interna, unha nota de Wilkins, suxire que Edward Lhuyd tomou daquela o manuscrito en préstamo, pero que o College só puido recuperalo trece anos máis tarde, trala morte de Lhuyd.[2][3] Consérvase agora na Biblioteca Bodleiana no nome do Jesus College, Oxford, onde leva o número de catálogo MS 111.
Contido
editarA primeira parte do manuscrito contén prosa, incluíndo os Mabinogion, dos cales é unha das fontes manuscritas (a outra fonte principal é o Libro Branco de Rhydderch), outros contos, textos históricos (incluíndo unha tradución ao galés da Historia Regum Britanniae de Geoffrey of Monmouth), e varios outros textos entre os cales unha serie das Tríades. O resto do manuscrito contén poesía, especialmente do período de poesía cortesá coñecido como os Poetas dos Príncipes (en galés:Gogynfeirdd ou Beirdd y Tywysogion).
O manuscrito contén tamén unha colección de remedios herbais asociados con Rhiwallon Feddyg, fundador dunha dinastía de médicos que perdurou sobre 500 anos - 'Os físicos de Myddfai' da aldea de Myddfai ao carón de Llanymddyfri.
Influencia
editarJ. R. R. Tolkien tomou prestado o título para o Libro Vermello de Westmarch, a fonte lendaria imaxinaria dos contos de Tolkien.[4][5]
Notas
editar- ↑ Citado en "Oxford Jesus College 111: An Electronic Edition", Welsh Prose 1350-1425
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Oxford Jesus College 111: An Electronic Edition", Welsh Prose 1350-1425.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Thomas, "Llyfr Coch Hergest", pp. 1172-3.
- ↑ David Day-Tolkien's Ring, page 79 "Besides those elements already mentioned, Celtic mythology has played a fundamental part in the shaping of Tolkien's world. When we learn that the most important source of Welsh Celtic lore was preserved in the fourteenth-century Red Book of Hergest, we realize that Tolkien is making a small scholarly joke in naming his 'source' of Elf-lore the Red Book of Westmarch".
- ↑ Hooker, Mark T. Tolkienian mathomium: a collection of articles on J. R. R. Tolkien and his legendarium: "The Feigned-manuscript Topos", pgs 176 and 177:"The 1849 translation of The Red Book of Hergest by Lady Charlotte Guest (1812-1895), which is more widely known as The Mabinogion, is likewise of undoubted authenticity(...)It is now housed in the library at Jesus College, Oxford. Tolkien's well-known love of Welsh suggests that he would have likewise been well-acquainted with the source of Lady Guest's translation. For the Tolkiennymist, the coincidence of the names of the sources of Lady Charlotte Guest's and Tolkien's translations is striking: The Red Book of Hergest and the Red Book of Westmarch. Tolkien wanted to write (translate) a mythology for England, and Lady Charlotte Guest's work can easily be said to be a 'mythology for Wales.' The implication of this coincidence is intriguing".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- 'Red book of Hergest'. In Meic Stephens (Ed.) (1998), The new companion to the literature of Wales. Cardiff : University of Wales Press. ISBN 0-7083-1383-3.
- Parry, Thomas (1955), A history of Welsh literature. Translated by H. Idris Bell. Oxford : Clarendon Press.
- Thomas, Richard Biography of Thomas Wilkins, Welsh Biography Online (National Library of Wales)
- Thomas, Graham C. G.: Llyfr Coch Hergest. pp. 1172–3. volume 3.
- "Oxford Jesus College 111: An Electronic Edition". Welsh Prose 1350-1425. 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2011.
- Charles-Edwards, G. (1989-90). "The Scribes of the Red Book of Hergest". National Library of Wales Journal 21: 246–56.
- Evans, Gwenogvryn (1902). Report on Manuscripts in the Welsh Language. 2 vols 2. London. pp. 1–29.
- Evans, J. Gwenogvryn (1911). The Poetry in the Red Book of Hergest. Llanbedrog.
- Huws, Daniel (2003). "Llyfr Coch Hergest". En R. Iestyn Daniel; et al. Cyfoeth y Testun: Ysgrifau ar Lenyddiaeth Gymraeg yr Oesoedd Canol (en galés). Cardiff: Gwasg Prifysgol Cymru. pp. 1–30.
- Huws, Daniel (2000). Medieval Welsh Manuscripts. Cardiff University of Wales Press. ISBN 0708316026.
- Morgan, Prys (1978). "Glamorgan and the Red Book". Morgannwg 22: 42–60.
- Rowlands, Eurys I. (1962-3). "Nodiadau ar y traddodiad moliant a'r cywydd". Llên Cymru (en Welsh) 7: 217–43.
Outros artigos
editar- Libro Vermello de Hergest.
- Libro Branco de Rhydderch.
Ligazóns externas
editar- Red Book of Hergest, or Jesus College MS 111, is part of the Early Manuscripts at Oxford University digitisation project; reprints relevant section of Historical Manuscripts Commission, Report on manuscripts in the Welsh language, vol. II part I, (Londres, 1902), describing the manuscript and its contents; Gives access to colour images of the entire manuscript.
- Mary Jones, Celtic Encyclopedia: Llyfr Coch Hergest (entry on manuscript)
- Mary Jones, Celtic Literature Collective: Llyfr Coch Hergest (contents & translations)
- British Medical Association - Wales & Medicine