Hywel ab Owain Gwynedd

Hywel ab Owain Gwynedd (morto en 1170) foi un poeta e un líder militar galés. Era fillo ilexítimo de Owain Gwynedd, príncipe de Gwynedd, e da irlandesa Pyfog e, por isto, tamén o coñecen como Hywel ap Gwyddeles (=Hywel fillo dunha irlandesa).

Hywel ab Owain Gwynedd
Nacementoséculo XIxuliano
Lugar de nacementoReino de Gwynedd
Falecemento1170
Lugar de falecementoPentraeth
NacionalidadeReino de Gwynedd
Ocupaciónpoeta
PaiOwain Gwynedd
IrmánsAngharad ferch Owain Gwynedd, Rhodri ab Owain Gwynedd, Iorwerth Drwyndwn, Madoc ab Owain Gwynedd, Maelgwn ab Owain Gwynedd, Cynan ab Owain Gwynedd, Iefan ab Owain Gwynedd, Dafydd ab Owain Gwynedd e Rhun ab Owain Gwynedd
Na rede
WikiTree: Owain-98
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

En 1143 o irmán de Owain Gwynedd, Cadwaladr, que tiña posesións en Meirionnydd e en Ceredigion estivo implicado no asasinato de Anarawd ap Gruffydd de Deheubarth. Owain respondeu enviando a Hywel a lle quitar as terras do Ceredigion do norte, capturando e queimando o castelo de Aberystwyth. En 1147, Hywel e o seu irmán Cynan botaron a Cadwaladr de Meirionnydd. Hywel perdeu o Ceredigion do sur en 1150 cando Cadell ap Gruffydd de Deheubarth o expulsou ao norte do río Aeron e reclamou as terras.

Tras a morte de Owain Gwynedd (1170), os seus fillos entraron en conflito entre eles polo dominio do Gwynedd. Hywel foi recoñecido por moitos como o herdeiro natural de Owain, pero segundo a lei galesa todos os fillos (lexítimos ou non) tiñan os mesmos dereitos de herdanza. Os medios irmáns de Hywel, Dafydd e Rhodri, obrigárono a fuxir a Irlanda, onde recrutou un exército co que volveu ao seu país para reclamar parte do reino, pero derrotárono e morreu na batalla de Pentraeth en Anglesey.

A súa obra poética Editar

Hywel foi tamén un poeta do que chegaron ata nós oito poemas. Entre eles probabelmente o máis coñecido é o Gorhoffedd Hywel ab Owain Gwynedd, no que eloxia o reino de seu pai polas súas belezas naturais e polas súas guapas mulleres. Outros poemas comprenden os exemplos máis antigos de poesía amorosa galesa que coñecemos, cousa que podería indicar unha influencia da poesía cortés francesa. Hywel tivo dous fillos:

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Kathleen Anne Bramley et al (ed.), Gwaith Llywelyn Fardd I ac eraill o Feirdd y Ddeuddegfed Ganrif (1994).
  • R R Davies, The Age of Conquest[:] Wales 1063-1415 (1991).
  • John Edward Lloyd (1911) A history of Wales from the earliest times to the Edwardian conquest (Longmans, Green & Co.).