Manuel del Río Pampín

Manuel del Río Pampín, nado en Ordes e finado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1937, foi un carteiro e político galego.

Modelo:BiografíaManuel del Río Pampín
Biografía
Nacementoc. 1907 Editar o valor en Wikidata
Ordes, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
cemiterio de Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncarteiro, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 14727

Traxectoria

editar

Fillo de Pedro del Río Recouso. Carteiro urbano de Ordes dende 1931[1]. Un dos líderes do PSOE de Ordes, foi un dos dirixentes da Fronte Popular de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Ordes. En agosto foi cesado como funcionario de Correos[2]. Despois foi trasladado á prisión de Compostela. Acusado de traizón, foi xulgado en consello de guerra o 22 de decembro. Condenado a pena de morte, foi executado en Boisaca o 8 de decembro de 1936 con outros dez veciños de Ordes.

 
Placa conmemorativa do concello de Ordes no cemiterio de Boisaca en memoria dos fusilados.

Vida persoal

editar

Casou en Vilagarcía con Milagros Rodríguez Maroño en 1930[3].

  1. El Heraldo Gallego, 3-1-1932, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 16-8-1936, p. 2
  3. Vida Gallega, 30-11-1930, p. 45.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar