Manuel Ventosinos Pereira

carabineiro e político galego

Manuel Ventosinos Pereira, nado en Mañón cara a 1899 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un carabineiro e político galego.

Infotaula de personaManuel Ventosinos Pereira
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Mañón, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carabineiro veciño do Barqueiro. En 1932 concedéronlle o premio de constancia de Carabineiro.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar o 15 de marzo de 1937, foi condenado a pena de morte.[2] Foi executado no castelo de San Felipe de Ferrol con Jesús Castaño Galdo, Jesús Verdeal Maseda, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández e José Rivera Vieiro.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 25-5-1932, p. 5.
  2. El Correo Gallego, 16-3-1937, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar