Jesús Verdeal Maseda
sindicalista e político galego
Jesús Verdeal Maseda, nado en Mondoñedo en 1899 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Mondoñedo, España |
Morte | 16 de abril de 1937 (37/38 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarVeciño do Barqueiro. Membro do Sindicato da Industria Pesqueira do Barqueiro da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar o 15 de marzo de 1937, foi condenado a pena de morte.[1] Foi executado no castelo de San Felipe de Ferrol con Jesús Castaño Galdo, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández, José Rivera Vieiro e Manuel Ventosinos Pereira.
Notas
editar- ↑ El Correo Gallego, 16-3-1937, p. 2.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Jesús Verdeal Maseda na páxina web Nomes e Voces.