Manuel Reinante Cancio
Manuel Reinante Cancio, nado en Ribadeo o 19 de febreiro de 1816 e finado na mesma vila o 2 de maio de 1909,[1], foi un auxiliar facultativo de minas, piloto da mariña mercante e topógrafo galego.
Manuel Reinante Cancio | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1816 |
Lugar de nacemento | Ribadeo |
Falecemento | 2 de maio de 1909 |
Lugar de falecemento | Ribadeo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | topógrafo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Traballou con Guillermo Schulz na realización do Mapa Petrográfico do Reino de Galicia, e fixo o mapa topográfico e mineiro do Barranco del Rey, na serra Albanilla (provincia de Almería).
Foi vicepresidente do Consello Rexionalista de Lugo, e representou a Ribadeo na Deputación Provincial.
En 1888 cedeu ó concello de Ribadeo 108 ha de terreo en montes próximos á vila (montes de Reverte, Fontes do Lobo e Monte de Arca) para que o recadado pola súa venda se aplicase ó ben público.
Obra Editar
Colaborador en diversas publicacións periódicas, publicou:
- Ferrocarril de Lugo a Ribadeo y puente de Ribadeo a Castropol (1878), colección de artigos aparecidos en El Diario de Lugo, con prólogo de Fernando Sanjulián.
- El puente de Ribadeo, feito polo concello.
Recoñecementos Editar
Foi condecorado coa Encomienda de Número de Isabel la Católica por Servizos especiais.[2]
Notas Editar
- ↑ Lanza álvarez, Francisco (1991). Ribadeo Antiguo. Edicións do Castro. pp. 351–352. ISBN 8474925363.
- ↑ Citado na revista Campo del Tablado n.1, pp.25 e seg.