Guillermo Schulz

xeólogo alemán

Guillermo Schulz, nado co nome de Wilhelm Phillip Daniel Schulz en Dörnberg, Habichtswald (Alemaña) o 6 de marzo de 1805 e finado en Aranjuez o 1 de agosto de 1877, foi un enxeñeiro de minas hispano-alemán. Desenvolveu o seu labor en España, residindo en Ribadeo varias décadas. Ten no seu haber diversas publicacións derivadas dos seus estudos xeolóxicos, entre as que se atopa a Descripción geognóstica del Reyno de Galicia.

Modelo:BiografíaGuillermo Schulz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1805 Editar o valor en Wikidata
Dörnberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1877 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Aranjuez, España Editar o valor en Wikidata
Q33191998 Traducir
1857 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de minas, profesor universitario, xeólogo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX929974

Traxectoria

editar
 
Detalle da colección de rochas de Galicia de Guillermo Schulz (1832-1834), conservada no Museo Xeomineiro (do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, en Madrid).

En agosto de 1826 trasladouse a España. En 1830 é nomeado Comisario de minas. En 1833 é ascendido a Inspector de Distrito en Galiza e Asturias. Neste tempo elaborou escritos fundamentais sobre a minería en España e as minas de carbón. En 1844 converteuse en Inspector Xeral destinado en Asturias.

A raíña Isabel II distinguiuno en 1849 polos seus méritos. De 1854 a 1857 foi profesor na Escola Especial de Enxeñeiros de Minas de Madrid. Despois foi presidente da comisión que debía realizar o mapa xeolóxico de España. Con este mapa debían atoparse os tesouros do chan do país para a súa posterior explotación. En 1857 foi vicepresidente do Instituto Geológico de Madrid.

Guillerme Schulz é considerado un pioneiro da xeoloxía e a minería en España. Adquiriu un alto recoñecemento científico e un mérito polo seu impulso da minería española. Por estas razóns, rúas en cidades como Mieres ou Xixón, así como a EPS de Enxeñería Xeolóxica da Universidade de Oviedo, levan o seu nome.

Morreu aos 72 anos en Aranjuez, onde se retirou a vivir. Existe un monumento no seu honor no seu lugar de orixe, Dörnberg, creado en 2005.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.