Manuel Rabanal Álvarez

profesor, escritor, poeta e tradutor español

Manuel Rabanal Álvarez, nado en La Magdalena de Canales (provincia de León) o 4 de febreiro de 1914 e finado en Santiago de Compostela en marzo de 1989, foi un profesor, escritor, poeta e tradutor español.

Infotaula de personaManuel Rabanal Álvarez
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1914 Editar o valor em Wikidata
La Magdalena de Canales, España Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1989 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 137089 Dialnet: 964729

Traxectoria editar

Estudou de 1928 a 1931 na Universidade Pontificia Comillas, rematou a licenciatura na Universidade de Salamanca en 1940 e doutorouse en 1948 en Filoloxía Clásica pola Universidade de Madrid, coa tese La idea de Destino en la Historiografía griega. Aportaciones al estudio de la Filosofía de la Historia en el mundo helénico. Foi catedrático de ensino secundario en León, no Instituto Xelmírez e no Instituto Rosalía de Castro de Santiago e catedrático de grego na Universidade de Santiago de Compostela. Foi cofundador da revista poética Espadaña e fundou a revista Gelmírez. Colaborou en La Noche (onde levaba a sección Nebulosa), ABC, Ya, Diario de León, El Correo Gallego ou Cuadernos de Estudios Gallegos.[1] Foi membro correspondente da Real Academia Galega[2] e mais da Real Academia Española.

Obras publicadas editar

  • El cristo de Asorey: (poema), 1952. Porto y Cía. Editores.
  • El lenguaje y su duende (historias mágicas y lógicas de las palabras), 1967.
  • Hablas hispánicas; temas gallegos y leoneses, 1967.
  • Grecia viva. Estudios sobre como los griegos somos nosotros, 1972.
  • Haz de cuentos pavorosos, 1980.
  • El teatro de Esquilo, visto desde Galicia y León, 1984.
  • Maravillas idiomáticas, 1987.
  • Nebulosas y otros escritos, 1992.[3]
Colectivas

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar