Manuel Prado Pereira

mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Prado Pereira, coñecido como Lolito, nado en Panxón (Nigrán) cara a 1906 e finado en Priegue o 4 de marzo de 1939, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaManuel Prado Pereira
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Panxón, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 1939 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Priegue, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLolito Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño da Area Alta (Panxón). Dirixente do Sindicato de Mariñeiros de Panxón da CNT. Foi detido en marzo de 1935 con Franklin Acevedo Méndez e Florencio Trigo Cabral, acusados de coacción durante a folga xeral revolucionaria de 1934,[1] foron xulgados en Vigo o 18 de marzo e absoltos.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Liderou unha partida de fuxidos que actuaban na contorna de Gondomar. En febreiro de 1938 asasinaron en Priegue a Francisco López dos Santos, un tratante de madeira portugués considerado informante da Garda Civil. Detido o 18 de decembro de 1938, foi xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de febreiro de 1939, e condenado a pena de morte. Foi executado en Priegue, rexistrándose a morte en Nigrán a causa de hemorraxia interna.[3] En xullo de 1940 iniciaron un expediente de responsabilidades políticas contra el.[4]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 15-3-1935, p. 12.
  2. El Pueblo Gallego, 19-3-1935, p. 14.
  3. El Pueblo Gallego, 5-3-1939, p. 12.
  4. El Compostelano, 31-7-1940, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. pp. 309–314. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 112. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar