Manuel Porteiro Viña

xornalista, sindicalista e político galego
(Redirección desde «Manuel Porteiro Viñas»)

Manuel Venerando Porteiro Viña, nado en Carballo o 14 de novembro de 1901 e finado en México en 1974, foi un xornalista, sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaManuel Porteiro Viña
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Carballo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1974 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político, sindicalista, perito mercantil Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Cronoloxía
27 de xullo de 1936-28 de xullo de 1936evasión do San José n.º 2 Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7725

Traxectoria

editar

Perito mercantil. Foi secretario xudicial e xuíz municipal de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal. Membro da UGT, ingresou na Agrupación Socialista da Pobra do Caramiñal en 1930, da que foi o seu presidente. Dirixiu o seu órgano La Lucha. Foi concelleiro do Concello da Pobra do Caramiñal.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse de Galicia na lancha San José n.º 2 e incorporarse ao Exército Republicano en abril de 1937. Pertenceu á 125 Brigada da 25 División e posteriormente foi funcionario do SIM, Xefe de Contabilidade de Delegacións Exteriores en CAMPSA Gentibus e Xefe do Rexistro Xeral de Orde Pública e funcionario do Ministerio de Defensa Nacional en Barcelona. En 1936 foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. Exiliouse en México, chegou a Veracruz a bordo do buque Ipanema en xuño de 1939. Foi administrador da fábrica de vidro Crisol. Pertenceu á Agrupación Socialista Española, presidiu o Padroado da Cultura Galega en México e colaborou en Saudade e Vieiros.

Vida persoal

editar

Casou con Lucía Lizuain Osés.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar