Manuel Otero Acevedo

médico e xornalista arxentino

Manuel Otero Acevedo, nado en Rosario o 17 de abril de 1865 e finado en Pontecesures o 19 de xuño de 1920, foi un médico e xornalista arxentino afincado en Galicia.

Manuel Otero Acevedo
Manuel de Acevedo Otero - Diário Illustrado (21Fev1888).png
Nacemento17 de abril de 1865
 Rosario
Falecemento19 de xuño de 1920
 Pontecesures
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid coa tese Etiología y tratamiento del Lupus tuberculoso (1891). Especializouse na cirurxía do sistema nervioso. Foi o primeiro neurocirurxián que realizou con éxito a operación cirúrxica do sistema nervioso simpático cervical en España. Dirixiu o Hospital Provincial de Pontevedra (1910). Compañeiro de Valle-Inclán en Compostela, era un declarado anticlerical, foi o restaurador da tuna compostelá, amigo de Pío Baroja. Combinou o seu interese como anticuario e orientalista coa paixón polo espiritismo e a teosofía.[1] Colaborou no periódico compostelán Café con Gotas e foi fundador e director de Pero-Grullo (1888).

ObrasEditar

  • La cirugía del sistema nervioso en España antes de la época actual, 1900.
  • Resección total y bilateral del simpático del cuello, 1898.

NotasEditar

  1. Graus, Andrea (2019). Ciencia y espiritismo en España, 1880-1930. Comares. ISBN 978-84-9045-898-3. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar