Manuel Muñiz

músico e compositor galego

José Manuel Muñiz Tubío, nado en Boiro en 1929 ou 1930[1][2] e finado o 28 de xullo de 2011 en Santiago de Compostela, foi un músico e compositor galego.

Infotaula de personaManuel Muñiz
Biografía
Nacemento(es) José Manuel Muñiz Tubío Editar o valor em Wikidata
1930 Editar o valor em Wikidata
Boiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 2011 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , músico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Como intérprete, Muñiz tocaba o trombón de varas, o violín e a trompeta, mais a súa sona chegoulle da man da composición e da dirección de orquestras de música popular e lixeira.

En 1951, fíxose cargo do traballo de director da orquestra de música lixeira Compostela, que naquela altura xa levaba máis de tres décadas de existencia. Foi primeiro o seu director durante cincuenta anos, e despois tamén o seu propietario, ata o 2001, cando se retirou definitivamente. Durante eses anos, ademais do seu traballo á fronte da Orquesta Compostela compuxo pezas para Ana Kiro, Pili Pampín, Sabela (da que ademais foi descubridor) ou Miguel Torres. Entre os varios centos de cancións compostas por el,[3][4] estivo Galicia, terra meiga (1973) ou o himno do club de fútbol SD Compostela, que chegou a xogar na primeira división española.

Ademais, Manuel Muñiz foi profesor da Banda Municipal de Santiago.

Honras editar

Notas editar

  1. Cancio, Miguel. "A la memoria de Manuel Muñiz". El Correo gallego. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  2. https://www.rememori.com. "Esquela online de José Manuel Muñiz Tubío fallecido en Santiago de Compostela #DEP". www.rememori.com (en castelán). Consultado o 2018-05-15. 
  3. Redacción (2016-12-09). "Boiro recordó al músico Manuel Muñiz". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-05-15. 
  4. Redacción (2011-07-30). "Fallece José Manuel Muñiz, director de la Orquesta Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-05-15. 
  5. 5,0 5,1 Jamardo, José Manuel (8 de decembro de 2016). "Un reconocimiento más que merecido". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 20 de marzo de 2024.