Manel Loureiro
escritor galego
(Redirección desde «Manuel Loureiro»)
Manel Loureiro Doval, nado en Pontevedra o 30 de decembro de 1975, é un avogado e escritor en castelán de literatura fantástica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1975 (48 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura |
Ocupación | escritor , avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Manuel Loureiro Adán |
Traxectoria editar
É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive e traballa en Pontevedra, onde exerce a avogacía. Durante anos residiu en Santiago de Compostela, traballando como guionista e presentador de diversos programas da Televisión de Galicia. É colaborador habitual da Cadena SER e Diario de Pontevedra[1], e articulista de opinión en diversos xornais de Galicia.
É fillo de Manuel Loureiro Adán, que foi alcalde do Concello de Cotobade.
Narrativa editar
- Apocalipse Z. O comezo da fin (Dolmen, 2007)
- Apocalipse Z. Os días escuros (Plaza&Janés, 2009)
- Apocalipse Z. A ira dos xustos (2010). Barcelona: Planeta.
- El último pasajero (2013). Barcelona: Planeta. 448 páxs. ISBN 9788408112495.
- Fulgor (2015). Barcelona: Planeta. 488 páxs. ISBN 9788408138334.
- Veinte (2017). Barcelona: Planeta. 608 páxs. ISBN 9788408165149.
- La Puerta (2020). Barcelona: Planeta. 352 páxs. ISBN 9788408233206.
- La ladrona de huesos (2022). Barcelona: Planeta. 504 páxs. ISBN 9788408257332. Sobre un suposto roubo dos ósos do Apóstolo Santiago.
Notas editar
- ↑ Ficha sobre o autor na web sobre a novela El último pasajero (en castelán).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manel Loureiro |