Save the Children
Save the Children é unha organización non gobernamental (ONG) fundada en 1919 coa misión de defender e promover os dereitos da infancia.
Save the Children | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Instancia de | organización non gobernamental, organización internacional, entidade filantrópica e organización sen ánimo de lucro ![]() | ||
Forma xurídica | entidade filantrópica ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Fundador/a | Eglantyne Jebb e Dorothy Buxton (pt) ![]() ![]() | ||
Director/a executivo/a
| |||
Membro de
| |||
Entidades subsidiarias
| |||
Economía | |||
Data | |||
Fundación | 1919 ![]() | ||
Premios | |||
| |||
Localización | |||
País | Reino Unido ![]() | ||
Sede | Londres ![]() | ||
Área de operación | Terra ![]() | ||
Lugar de formación | Londres ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | savethechildren.net ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Foi fundada na cidade de Londres en 1919 por Eglantyne Jebb e a súa irmá Dorothy Buxton como unha organización coa que pretendían recadar diñeiro para dedicalo ás consecuencias que a primeira guerra mundial causara sobre os nenos.
Foi a primeira ONG independente adicada á infancia. Actualmente está presente en 29 países,[1] formando a Alianza Internacional Save the Children. Traballa, no marco da Convención sobre os Dereitos do Neno, adoptada polas Nacións Unidas, nas áreas que afectan: educación, saúde, nutrición, traballo infantil, prevenció de abusos sexuais, reunificación de familias despois de catástrofes e guerras etc.[1]
En 1994 foi galardoada, xunto coas ONG Mensajeros de la Paz e Movimento Nacional de Meninos e Meninas de Rua, co Premio Príncipe de Asturias da Concordia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Save the Children España". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2013.