Manuel García Becerra

avogado e político galego

Manuel García Becerra, nado en Verín en 1905, foi un avogado e político galego con ideoloxía de esquerdas.

Infotaula de personaManuel García Becerra
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata (118/119 anos)
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Orense (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLino García Vázquez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Lino García Vázquez. Estudou Dereito e na Escola de Enxeñeiros de Madrid. Colaborou en El Pueblo Gallego. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi elixido deputado pola provincia de Ourense integrado na coalición coa FRG nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Foi subsecretario de Obras Públicas en 1933. Formou parte do sector progresista que abandonou o Partido Radical-Socialista para fundar o Partido Republicano Radical Socialista Independiente e despois integrouse en Izquierda Republicana, da que foi elixido vicesecretario da súa comisión executiva en abril de 1934.[1] Presentouse por Izquierda Republicana ás eleccións xerais de 1936, pero non resultou elixido. Foi secretario do Ministro de Instrución Pública dende marzo de 1936,[2] e delegado do Goberno na Telefónica en xullo de 1936.[3] Ao remate da Guerra civil foi representante de Izquierda Republicana no SERE, e exiliouse en Cuba, onde colaborou no xornal Luz. Dende 1947 estivo exiliado en México. En 1949 participou no Congreso Mundial de Partidarios da Paz celebrado en París, xunto a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Mariano Ruiz-Funes García e José Giral.[4]

Obras editar

  • Diccionario escolar americano, México, 1963.

Vida persoal editar

Casou en Madrid con Filito Muñoz Nicart en 1932.[5]

Notas editar

  1. La Libertad, 19-4-1934, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 25-04-1936, p. 10.
  3. La Voz de Galicia, 15-7-1936, p. 8.
  4. Jordi Guixé i Corominas L'Europa de Franco: l'esquerra antifranquista i la "caça de bruixes" a l'inici de la guerra freda : França 1943-1951 Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2002, ISBN 84-8415-395-9, 788484153955 pàg. 122
  5. Hoja Oficial del Lunes, 11-4-1932, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar