Manuel Fariña Suárez

político e mestre galego

Manuel Fariña Suárez, nado en 1943 en Cabana de Bergantiños e finado o 8 de xuño de 2000 na Coruña foi un político e mestre galego.

Infotaula de personaManuel Fariña Suárez
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata
Cabana de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 2000 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cabana de Bergantiños
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia
Partido Demócrata Popular Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diplomado en Maxisterio e Filoloxía Hispánica con especialidade en francés[1], exerceu como mestre de EXB no CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños. Foi elixido concelleiro neste municipio en 1973 polo terzo de entidades culturais[2], e trala dimisión de Julián Tedín en 1977 para presentarse ás eleccións xerais por AP, foi elixido novo alcalde de Cabana. Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura Agrupación Independente de Cabana e foi elixido alcalde cunha ampla maioría absoluta, con 9 concelleiros de 13. En 1983 encabezou a candidatura da coalición de AP co PDP e Unión Liberal e foi reelixido alcalde coa mesma maioría. En 1987 encabezou a candidatura da CPG e foi reelixido con 10 concelleiros. Foi un dos alcaldes desta coalición que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura do socialista Salvador Fernández Moreda contra o popular José Manuel Romay Beccaría na Deputación da Coruña en xuño de 1989.

Nas municipais de 1991 encabezou o PSdeG-PSOE e foi reelixido cunha maioría absoluta de 9 concelleiros. En 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que logrou maioría absoluta. Nas municipais de 1999 conseguiu recuperala alcaldía ó perdela maioría absoluta os populares e alcanzar un pacto de goberno co BNG. Faleceu o 8 de xuño de 2000 na súa casa da Coruña, sendo sucedido na alcaldía polo tamén socialista Enrique Díaz Varela.


Predecesor:
Julián Tedín
  
Alcalde de Cabana de Bergantiños
 
1977 - 1995
Sucesor:
Manuel Barral Castro
Predecesor:
Manuel Barral Castro
  
Alcalde de Cabana de Bergantiños
 
1999 - 2000
Sucesor:
Enrique Díaz Varela

Vida persoal editar

Casou con María del Carmen Garrido Riveiro e tiveron 4 fillos[3].

Notas editar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia Carballo, 1-6-1999 p.53
  2. Entrevista en La Voz de Galicia, 13-7-1999 p.41
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-6-2000 p.83

Véxase tamén editar

Outras páxinas editar

Ligazóns externas editar