Manuel Fandiño Ricart

político español

Manuel Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela en 1896 e finado na mesma cidade en 1978, foi un militante anarcosindicalista galego. Era irmán de Alfonso e Antonio, tamén militantes anarcosindicalistas e de Coralia e Maruxa, coñecidas en Compostela como "As dúas Marías".

Infotaula de personaManuel Fandiño Ricart
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1978 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pintor de santos de profesión, comezou a destacar entre o movemento obreiro compostelán en 1917, cando dirixiu a folga xeral que rematou coa dimisión do alcalde liberal Luís Blanco Rivero, e posteriormente, xunto con Ezequiel Rey Turnes, posibilitou a adhesión de numerosas sociedades de oficio locais á CNT. En 1925 foi elixido Secretario Xeral da Confederación Rexional Galaica, cargo que ocupou até 1930. Durante a Segunda República estivo como secretario liberado da Federación Rexional de Industria Pesqueira, domiciliada en Vigo até 1935 e en Marín até o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu lugar á guerra civil española.

Mantívose agochado no seu domicilio até 1945. Ao ano seguinte, coa reconstitución da CRG, foi de novo elixido Secretario, substituíndo ao coruñés Félix Álvarez Arganzúa. Foi detido o 11 de abril de 1947. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[1] Xulgado, foi condenado e pasou cinco anos no cárcere de El Dueso (Santoña).

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar