Alfonso Fandiño Ricart

anarcosindicalista galego

Francisco Alfonso Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela cara 1908 e finado na Coruña o 17 de setembro de 1991,[1] foi un militante anarcosindicalista galego.

Alfonso Fandiño Ricart
Nacemento1908
 Santiago de Compostela
Falecemento17 de setembro de 1991
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pintor de profesión e militante anarcosindicalista como os seus irmáns Antonio e Manuel, cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era secretario da Federación Local de Sindicatos de Santiago de Compostela integrada na CNT. Artellou a expedición proletaria que saíu en axuda dos obreiros coruñeses. Fracasada a resistencia, fuxiu dende Muros nun bou cara a Francia. Dende alí volveu a Asturias e foi un dos animadores da Agrupación Confederal Galaica de Asturias e xa en Valencia da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Coa derrota da República, marchou ao exilio en Francia [Cómpre referencia]. Regresou á Coruña nos anos sesenta e defendeu a volta da CNT á legalidade previo pacto cos xerarcas falanxistas da CNS. Cando caeu o franquismo, militou na CNT.

Vida persoalEditar

Casou con Mercedes Búa Tajes.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-9-1991, p. 65.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar