Manuel Domínguez Carrete

cociñeiro e empresario galego

Manuel Domínguez Carrete[1], coñecido como Manuel Domínguez, nado no Carballiño en 1975, é un cociñeiro e restaurador galego.

Infotaula de personaManuel Domínguez Carrete
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeiro , empresario Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Neto do Guapo, un coñecido polbeiro do Carballiño, e fillo dun empregado de banca[2], estudou bacharelato no Carballiño[3], empresariais en Ourense, e despois restauración na escola superior de hostalaría de Vilamarín. Empezou a traballar no restaurante A Carballeira (Santa Cruz de Arrabaldo), un restaurante de vodas e bautizos, e despois na cociña do parador de Monterrei[4].

Marchou posteriormente traballar a Madrid, onde foi cociñeiro no Goizeko Kabi e en El comité[2], mentres continuaba formándose en técnicas de cociña ao baleiro. En 2005 abriu o seu primeiro restaurante, Lúa, na rúa Zurbano (no barrio Chamberí), unha das zonas de Madrid de alto poder adquisitivo. En 2012 ampliou o local mudando o restaurante, e conservando o nome, a un espazo próximo na mesma zona da capital española[4].

En 2015 o seu restaurante conseguiu unha estrela Michelin, que foi renovando ata 2020. O restaurante tamén obtivo dous soles Repsol[4].

Notas editar

  1. amil (2020-05-10). "Carballiñeses polo mundo: Manuel Domínguez do Restaurante Lua de Madrid". BadalNovas. Consultado o 2021-01-07. 
  2. 2,0 2,1 Villanueva, Manuel (2020-11-14). "Manuel Domínguez, el nieto del pulpeiro en la 'Lúa' de Madrid". Nius Diario (en castelán). Consultado o 2021-01-07. 
  3. "El exalumno y chef Manuel Domínguez inaugura el curso 2017-2018 del Instituto de O Carballiño". Faro de Vigo (en castelán). 2017-09-14. Consultado o 2021-01-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Castillo, Toni (23-5-2017). "Manuel Domínguez, un renovador gallego". Bon Viveur. Consultado o 7-1-2021.