Manuel Cuíña

político español

Manuel Cuíña Fernández, nado na Bandeira (Silleda) o 6 de agosto de 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaManuel Cuíña
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Silleda Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, papeleta do PSdG-PSOE na provincia de Pontevedra.

Traxectoria editar

Transportista autónomo de profesión, no ano 2007 concorreu como número dous na lista do PSdeG de Silleda para as municipais dese ano. Trala vitoria desta formación, saeu elixido concelleiro e foi nomeado tenente de alcalde. Desaloxado o goberno socialista do poder en outubro de 2009 tras unha moción de censura, foi de novo elixido concelleiro nas municipais de 2011 e tamén primeiro tenente de alcalde de Silleda tras recuperar os socialistas o goberno. Logo da dimisión da alcaldesa Paula Fernández, foi elixido alcalde de Silleda o 19 de xullo de 2013 como candidato da lista máis votada.[1] Nas eleccións municipais do 2015 revalidou a alcaldía con maioría absoluta.[2] Volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta nas municipais do 2019.[3]

Nas municipais do 2023 logrou maioría simple e foi reelixido como cabeza da lista máis votada. Porén, dous meses máis tarde, en xullo de 2023, e logo dun pleno onde non conseguiu o apoio do BNG para a distribución de soldos e dedicacións, presentou a súa dimisión,[4] que retirou posteriormente. Dimitiu como alcalde o 12 de xaneiro de 2024 para ser o número seis da lista do PSdeG-PSOE de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2024.[5] Foi substituído por Paula Fernández Pena.[6][7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Paula Fernández Pena
  
Alcalde de Silleda
 
2013 - 2024
Sucesor:
Paula Fernández Pena