Abrir o menú principal

Manuel Comneno Ducas

Manuel Comneno Ducas (en grego: Μανουήλ Κομνηνός Δούκας, Manuēl Komnēnós Dúkas), nado c. 1187 e finado c. 1241, a miúdo incorrectamente chamado Manuel Anxo (un nome que nunca usou), foi gobernador de Tesalónica de 1230 a 1237 e de Tesalia de 1239 até a súa morte en c. 1241.

Manuel Comneno Ducas
Trachy of Manuel Komnenos Doukas.jpg
Nacementoc. 1187
Falecementoc. 1241
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónmonarca
PaiJoão Ducas
CónxuxeMaria Asanina Komnena
IrmánsTeodoro Comneno Ducas, Constantino Comneno Ducas e Miguel I Comneno Ducas
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Manuel foi o fillo lexítimo do sebastocrátor Xoán Ducas. Foi así un primo irmán do emperador Isaac II Anxo e Aleixo III Anxo, e irmán de Miguel I Comneno Ducas e Teodoro Comneno Ducas de Epiro. Probabelmente despois de 1225 ou 1227 déuselle o título de déspota como ao seu irmán, Teodoro. Case ao mesmo tempo casou, se cadra coa súa segunda esposa, María Asenina Comnena, a filla ilexítima de Iván Asen II de Bulgaria, o que axudou a cimentar a alianza do seu irmán con este país.

Despois da derrota e captura do seu irmán Teodoro por parte dos búlgaros na Batalla de Klokotnitsa en 1230 a Manuel foille permitido por Iván Asen II gobernar sobre Tesalónica e os seus arredores co título de déspota. Nun momento dado Manuel tratou de establecer contactos co Papado, pero en 1232 a longa ruptura co Patriarcado Oriental en Nicea foi finalmente remediada.

Manuel gobernou pacificamente até 1237, cando o seu sogro viúvo Iván Asen II casou con Irene, a filla do cativo Teodoro. Neste punto, Teodoro e os seus fillos foron liberados do cativerio e decidiron recuperar o goberno de Tesalónica. Manuel non tivo éxito en buscar o apoio do príncipe Godofredo II de Villehardouin de Acaia, e viuse obrigado a fuxir a Asia Menor.

Despois dunha tempada entre os selxúcidas de Rüm e en Nicea, Manuel regresou a Grecia co apoio niceno en 1239 e capturou varias fortalezas incluíndo Larisa e Farsalia do fillo de Teodoro Xoán Comneno Ducas, establecéndose como gobernante de Tesalia. Teodoro e Xoán tiveron que acceder a dividir as terras da familia. Cando Manuel morreu ao redor de 1241, o territorio pasou a mans do seu outro sobriño, Miguel II Comneno Ducas de Epiro.

Matrimonio e descendenciaEditar

Coa súa esposa María Asenina Comnena, Manuel puido ter polo menos unha filla:

  • Helena Comnena Ducaina, que casou con Guglielmo da Verona, triarca de Eubea.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991 (en inglés).
  • P. Lock, The Franks in the Aegean 1204–1500, New York, 1995 (en inglés).
  • K. Varzos, Ē genealogia tōn Komnēnōn, (Thessalonica, 1984), vol. 2, 637-656 (en grego).