Manuel Chao Dobarro

Avogado galego

Manuel Chao Dobarro, nado en Ferrol o 29 de agosto de 1964, é un avogado e militante independentista galego.

Infotaula de personaManuel Chao Dobarro
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Considerado un dos principais responsables[1] da fundación do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC). Foi encarcerado en maio de 1986 por tentativa de atraco a un banco das Pontes. Pasou dous anos nunha prisión de León e logrou fuxir. En maio de 1990 foi localizado nos Países Baixos e detido no paso fronteirizo de Melles o 21 de setembro de 1991, cando circulaba nunha autocaravana de matrícula portuguesa. Foi detido o 21 de setembro de 1991 na fronteira de Lleida. Xulgado pola Audiencia Nacional, foi condenado a dous anos e mdio de cárcere.[2] O 31 de xaneiro de 1992 foi xulgado pola Audiencia Nacional por un delito de roubo de detonadores e mecha e outro material explosivo, co resultadom de absolución.[3] En abril de 1992 foi condenado polo Xulgado do Penal número un de Lugo a catro meses de arresto maior por un delito de quebrantamento de condena.[4] En novembro de 1992 foi condenado pola Audiencia Provincial de Lugo a seis meses e un día de prisión menor e o pago de 120.000 pesetas, polo roubo cometido en Mondoñedo en 1986. Xulgado 2 de febreiro de 1993 na Audiencia Nacional polo atentado ao chalé de Manuel Fraga, foi absolto.[5] Xulgado na Audiencia Nacional o 11 de abril de 1994, foi condenado a 17 anos.[6] Saíu en liberdade condicional o 13 de agosto de 1999.[7] Exerce como avogado.

Notas editar

  1. Fernández Baz, M. A. (2003). A formación do nacionalismo galego (1963-1984). Laiovento. p. 167. 
  2. La Voz de Galicia, 11-10-1991, p. 31.
  3. La Voz de Galicia, 20-2-1992, p. 24.
  4. La Voz de Galicia, 30-4-1992, p. 28.
  5. La Voz de Galicia, 18-2-1993, p. 21.
  6. La Voz de Galicia, 21-6-1994, p. 25.
  7. La Voz de Galicia, 13-8-1999, p. 25.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar