Manuel Castro Fernández

inventor galego

Manuel Castro Fernández, coñecido como Aviador e Inventor, nado en Castro Caldelas en 1912 e finado no mesmo concello en maio de 1999,[1] foi un inventor galego.

Infotaula de personaManuel Castro Fernández
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Castro Caldelas, España Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 1999 Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Castro Caldelas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi empregado de telégrafos en Vigo, e despois fíxose radiotelegrafista de aviación civil. Na guerra civil trabalou nos laboratorios de radio das forzas aéreas franquistas. Instalouse en Madrid e en 1945 comezou a traballar para Iberia, ascendendo dous anos despois a xefe dos talleres de radio da compañía. Creou un modelo mellorado de radiolocalizador de avións.[2] Por este invento foi premio e mención honorífica da exposición universal e de investigación de Bruxelas de 1957.[3][4] En xuño de 1957 a revista Blanco y Negro dedicou un artigo ao radiolocalizador, destacando o modelo de Manuel Castro entre os sistemas anteriores de radiolocalización pola súa posible utilización en calquera punto do globo, xa que era sensible a toda clase de sinais. A pantalla admitía mapas de escala variable, o que permitía utilizar en cada momento a carta máis conveniente.[5]

Recoñecementos editar

  • En 1965 foi premio Juan de la Cierva de investigacións científicas.
  • O Instituto Nacional de Industria concedeulle dúas medallas ao mérito do traballo.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Ourense, 25-5-1999, p. 56
  2. "Tres años de trabajo, cálculos e investigaciones han dado como fruto el radiolocalizador". La Noche: 3. 8 de febreiro de 1957. 
  3. "Un gallego ganó el Gran Premio Internacional de Inventores". La Noche: 3. 22 de marzo de 1957. 
  4. "Un gallego, premio internacional de Inventores". La Voz de Galicia: 8. 23 de marzo de 1957. 
  5. "Aquí, el inventor". Blanco y Negro: 117. 8 de xuño de 1957. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • JÁUREGUI, Ana (1991). Von Braun. Barcelona: Labor. p. 216. ISBN 843357163X.