Manuel Cao Turnes

empresario, político e xornalista galego

Manuel Cao Turnes, nado en Calzande (Vedra) o 4 de xuño de 1894 e finado en Buenos Aires o 23 de marzo de 1952, foi un empresario, político e xornalista galego.

Infotaula de personaManuel Cao Turnes
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1894 Editar o valor em Wikidata
San Xián de Sales, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 1952 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Chegou a Arxentina en 1907, onde chegou a ser titular e xerente de Establecimientos Ortopédicos Argentinos. En abril de 1913, xunto cun grupo de veciños de San Xián de Sales que residían na capital arxentina e que formaban parte da Sociedad de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, fundou a Sociedad Unión y Progreso de San Julián de Sales. En decembro de 1915 foi elixido presidente da Sociedade para o período 1916-1917, pero uns meses máis tarde abandonou a presidencia para viaxar a Galicia.

Entre 1915 a 1920 colaborou na revista Teo de orientación esquerdista e agrarista, que chegou a dirixir. O 24 de setembro de 1921 comezou o congreso constituínte da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales no que participaron doce sociedades, entre elas Unión y Progreso que dirixía Cao Turnes. Foi elixido dirixente da Federación e membro do comité de prensa de El Despertar Gallego. En 1921 casou con María Olimpia Corral, emigrante natural do concello de Rábade. Mantívose na dirección da Federación da que foi secretario xeral de 1924 a 1926 e de 1933 a 1935. En 1936 promoveu a creación dun comité pro fronte único de esquerdas en apoio á Frente Popular e despois propiciou a unión das dúas Federacións. Impulsou a agrupación A Terra no Centro Gallego de Bos Aires e pasou a actuar alí en 1938 deixando as súas tarefas na Federación.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar