Manuel Caamaño Eiras

político galego

Manuel Caamaño Eiras, nado en Padrón cara a 1904, foi un chofer e político galego.

Infotaula de personaManuel Caamaño Eiras
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata (119/120 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónchofer , político Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJaime Caamaño Comparada Editar o valor em Wikidata
IrmánsDaniel Caamaño Eiras Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Jaime Caamaño Comparada e irmán de Daniel Caamaño Eiras. Chofer de Padrón. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inculpado en Santiago de Compostela por agresión á forza armada pero posto en liberdade por falta de probas. Foi multado en Santiago de Compostela en xuño de 1937 por deixar un camión abandonado.[1] En novembro de 1938 incitou aos soldados do rexemento de Infantaría Zamora de Pontevedra que viaxaban en tren a sublevarse e non obedecer as ordes dos superiores. Detido, foi xulgado o 27 de xuño de 1939 e condenado a dous anos de prisión por un delito de sedición. Preso na Prisión de Pontevedra, saíu en liberdade provisional en abril de 1940.[2] En febreiro de 1940 foille imposta a sanción de dez anos de inhabilitación absoluta e outros dez de desterro a máis de 200 quilómetros de Padrón.[3]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 16-6-1937, p. 8.
  2. BOE, 10-4-1940, p. 2440 .
  3. El Ideal Gallego, 29-2-1940, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar