Jaime Caamaño Comparada
Jaime Caamaño Comparada, nado en Buenos Aires cara a 1886 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un empresario e político galego.
Jaime Caamaño Comparada | |
---|---|
Nacemento | 1886 |
Lugar de nacemento | Buenos Aires |
Falecemento | 1 de decembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Soterrado | cemiterio de Boisaca |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Fillos | Daniel Caamaño Eiras e Manuel Caamaño Eiras |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Propietario da empresa de automóbiles El Jaime de Padrón e afiliado á agrupación do PSOE de dita vila. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, formou parte do Comité da Frente Popular que intentou oporse ao golpe. Foi detido e internado na prisión de Padrón e o 30 de agosto foi trasladado á de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela o 16 de novembro por rebelión militar, con Francisco Castaño Otero, Andrés Rey Baltar, Antoliano Correa Jamardo e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.[1] Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936.
Notas editar
- ↑ El Compostelano, 17-11-1936, p. 2.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Jaime Caamaño Comparada na páxina web Nomes e Voces.