Antoliano Correa Jamardo
Antoliano Correa Jamardo,[1] nado en Padrón cara a 1888 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un xastre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Padrón, España |
Morte | 1 de decembro de 1936 (47/48 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xastre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarTiña unha xastrería na rúa Gasset y Artime de Padrón.[2] Foi dono dun salón de baile en Padrón.[3] Coa República foi elixido concelleiro de Padrón,[4] encadrándose na ORGA. Logo da dimisión do alcalde Jesús Gómez García e da elección de Ramón Piñeiro Eiriz, foi elixido terceiro tenente-alcalde en marzo de 1932.[5] Pertenceu á directiva do Flavia S. C.[6] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e recluído no cárcere de Padrón até o 30 de agosto que foi trasladado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela acusado de traizón o 16 de novembro con Andrés Rey Baltar, Francisco Castaño Otero, Jaime Caamaño Comparada e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.[7] Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936. Posteriormente fóronlle incautados os seus bens.
Vida persoal
editarCasou en Padrón con Ángeles Forján en 1916,[8] e foi pai de María de los Angeles e Margarita Correa Forján.
Notas
editar- ↑ Nalgunhas fontes figura como Antonino Correa Jamardo.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-4-1930, p. 9.
- ↑ El Ideal Gallego, 11-12-1927, p, 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-4-1931, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-3-1932, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-10-1932, p. 10.
- ↑ El Compostelano, 17-11-1936, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 21-10-1916, p. 1.