Manuel Blanco Mariño
escritor galego
Manuel Blanco Mariño, coñecido como o poeta obreiro, nado en Iria Flavia (Padrón) o 1 de decembro de 1929 e finado na mesma parroquia o 20 de setembro de 2021,[1][2] foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1929 Iria Flavia, España |
Morte | 20 de setembro de 2021 (91 anos) Iria Flavia, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarEn 1960 asentouse en Vilagarcía de Arousa, onde traballou como carpinteiro nos obradoiros de Renfe. Sindicalista, foi un poeta autodidacta. Borobó publicou en La Noche parte do seu poemario. Poeta social, Méndez Ferrín intégrao na chamada Promoción de enlace. Gañou o certame poético Rexurdimento.
Obras
editar- Sentimentos da Alma Galega, 2000.
Vida persoal
editarCasou con Rosa Rey Angueira e foi pai de Rosa, Manolo, Luis, Isabel, Camilo, Carmen e Jose Blanco Rey.
Notas
editar- ↑ "Esquela de Manuel Blanco Mariño". inmemoryd.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2023. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ "Falece Manuel Blanco, o poeta carpinteiro". La Voz de Galicia. 2021-09-24. Consultado o 2022-03-23.