Manuel Aznar Zubigaray
Manuel Aznar Zubigaray, nado en Etxalar (Navarra) en 1894 e finado en Madrid en 1975, foi un xornalista, político e diplomático español. Foi o avó de José María Aznar.
Manuel Aznar Zubigaray | |
---|---|
Nome completo | Manuel Aznar Zubigaray |
Alcume | Imanol e Gudalgai |
Nacemento | 18 de novembro de 1894 |
Lugar de nacemento | Etxalar |
Falecemento | 10 de novembro de 1975 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Navarra |
Ocupación | xornalista, historiador, diplomático e político |
Fillos | Manuel Aznar Acedo |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Medalla de ouro da provincia de Tarragona, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, Gran Cruz da Orde de Cristo, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, Premio Nacional de xornalismo Francisco Franco, premio Mariano de Cavia e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
En 1912 comezou a colaborar no xornal integrista Tradición Navarra. En 1913 estableceuse en Bilbao e traballou na redacción do xornal nacionalista, Euzkadi e na revista cultural Hermes. Durante a primeira guerra mundial escribiu crónicas bélicas co alcume de Gudalgai. En 1914 estreou o drama El jardín del mayorazgo. En 1916 afiliouse ao Partido Nacionalista Vasco. Foi correspondente en Marrocos, onde fixo amizade con Francisco Franco Bahamonde. En 1918 accedeu á dirección do xornal madrileño El Sol. En 1922 marchou a Cuba, onde dirixiu El País e Diario de la Marina. Co comezo da Segunda República volveu a Madrid e dirixiu de novo El Sol, afiliouse ao Partido Republicano Conservador e dirixiu a súa campaña electoral de 1933.
Tras a sublevación de Franco marchou a París e logo a Burgos e traballou como propagandista e cronista militar. En 1940 publicou Historia militar de la Guerra de España (1936-1939) e uns anos despois Historia de la Cruzada (1943–1944).
Dirixiu Diario Vasco, a axencia de noticias EFE (1958) e La Vanguardia (1960-1964). Fundou a revista Semana e foi procurador en Cortes.
Embaixador diante a ONU entre 1964 e 1967, foi tamén embaixador en Marrocos, Arxentina e a República Dominicana e ministro plenipotenciario nos Estados Unidos.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- ANASAGASTI, Iñaki ; ERKOREKA, Josu. Dos familias vascas: Areilza-Aznar. Madrid: FOCA, 2003. ISBN 84-95440-52-0.